11 jul. 2014

Opinión de Nicola Gai sobre a acción directa

Nicola Gai é un compañeiro anarquista de Torino (Italia). Cara a finais de 2013 a xuíza Annalisa Giacalone condenaba a Nicola a 9 anos e 4 meses de talego (no mesmo caso, 10 anos e 8 meses para o compa Alfredo Cospito) polo ataque contra Roberto Adinolfi, importante figura de Ansaldo Nucleare, empresa que constrúe plantas nucleares por Europa. Os compañeiros Nicola e Alfredo dispararon contra a perna de Adinolfi en Xénova, cara a principios de maio de 2012, sen consecuencias fatais. Os medios de (des)comunicación cebáronse co movemento anarquista, e a forza opresora do Estado italiano caeu de cheo sobre aquilo que elles chaman "terrorismo". Sen máis, déixovos co texto do compañeiro publicado no Aperiódico Anarquista da Cruz Negra italiana no seu nº #0 de abril deste ano 2014, baixo o alcume de Fray Nicola de Ferrara e que recollemos de Instinto Salvaje:

Todo o resto é aburrido. Notas soltas sobre a acción directa

Pensei en escribir estas notas porque me parece que, ultimamente, mesmo entre nós, as anarquistas, se está a falar demasiado pouco (e tamén, por desgracia, practicándose demasiado pouco...) de acción directa, privilexiando intentos de encontro coas "masas", máis ou menos indignadas. Decidín facelo na Cruz Negra porque espero que poida converterse nun espazo de debate entre quen consideran a acción como centro do seu camiño de loita. Espero sinceramente que a Cruz Negra non se converta na reunión das malas sortes carcerarias, senón o lugar no que sacar e afondar, sen pelos na lingua, dende diferentes puntos de vista, en cuestións que se consideran útiles para dar unha maior incisividad á loita contra a autoridade. Certamente, a acción directa é algo para actuar e non algo que pontificar, pero estou convencido de que aclarar o que cada quen de nós entende realmente cando usa estas palabras pode axudarnos a afiar as armas para asaltar o presente.

Para abordar a cuestión sen perderme en inútiles xiros de palabras, quero primeiro aclarar o que, para min, non é acción directa.

Concentracións, repartir panfletos, manifestacións "determinadas e comunicativas", tortas (pintura, esgarros, etc.) na cara do infame correspondente, ovos con cores e todo este tipo de cousas non se poden considerar acción directa. Son consciente de que unha lista do estilo atraerá cara a min as frechas de quen sosteñen que todos os medios teñen a mesma dignidade na loita, que o meu discurso poderá parecer esquemático, "militarista", impregnado dunha óptica eficiente e bla, bla, bla... Pero ninguén, honestamente, poderá negar que, nestes momentos, facendo estas cousas máis ben se está a mimar a loita, renunciando a vivila realmente.

Estou convencido de que se está a afrontar a loita con lixeireza, co sorriso nos labios: non se trata máis que dun xogo, pero nada hai máis serio que un xogo onde as apostas están representadas pola calidade das nosas vidas e da nosa liberdade. Ninguén pode negar que a correspondencia entre o pensamento e a acción debería ser a característica fundamental de ser anarquista. Se pensamos que a destrución deste mundo é necesaria, debemos actuar en consecuencia, non podemos recorrer a simpáticos e inofensivos trucos baratos para silenciar, enganando ás nosas conciencias famentas de liberdade. Debemos ter a coraxe de afirmar que a acción directa, ou é destrutiva ou non é. Os muros que nos aprisionan non caerán sós, senón soamente se son envestidos pola onda de choque da nosa rabia. É inútil que o listo correspondente recorde que a insurrección non é o resultado da suma aritmética dos ataques realizados polas anarquistas, estou a falar doutra cousa. A nosa vida é demasiado curta para desgastala en centenares de happening deseñados para espertar ás masas adormecidas, para que se presenten puntuais á cita o día máxico: só cando concretamente atacamos o existente conseguimos arrancar anacos de liberdade, aínda que só sexa por uns poucos momentos, liberámonos das cadeas impostas pola cotianidade e pola lei.

A nosa loita debe ser violenta, sen compromisos, sen posibilidade de mediacións nin vacilacións: a acción directa destrutiva, o único medio que deberiamos utilizar para relacionarnos con canto nos oprime. Pero as cousas, como sucede sempre na realidade, son un pouco máis complicadas, por desgracia, a soa acción non é a panacea de todos os males que afectan ao noso movemento. Aínda que estea absolutamente convencido de que ningún acto de revolta é inútil ou daniño, penso que é fundamental preguntarse sobre a proxectualidade que as xeran e, sobre todo, sobre o significado que lle dan quen as realizan. O acto mesmo pode asumir significados moi diferentes se se concibe dende unha óptica de ataque ou de defensa. Vou tratar de explicarme cun exemplo práctico, no Val de Susa, o ano pasado, asistimos a un incremento positivo das prácticas da sabotaxe na loita contra o TAV, perfecto, se nas intencións dos que realizaron tales accións está o intento de afirmar claramente que non está en xogo a simple construción dunha liña ferroviaria, senón a necesidade de atacar e destruír todo o sistema tecno-industrial que o deseña. Outra cousa é se o sentido é o que se pode ler nalgúns comunicados do movemento NON TAV ou, o que é aínda máis desconcertante, no n.º 5 de Lavanda, folla redactada por algunhas compas que participa nesta loita. Tales accións poderíanse interpretar como o último recurso dun pobo que xa utilizou todos os medios de presión posibles (e pacíficos...) sen obter a atención dos que gobernan. Estou convencido de que tal interpretación banaliza calquera aspecto positivo e revolucionario de tales actos, de feito, suxire que se o poder fose máis "razoable", se estivese máis aberto ao diálogo, existiría a posibilidade de "convencelo para mitigar os seus aspectos máis nefastos.

A acción directa expresa todo o seu potencial de liberación só cando se concibe dende unha óptica de ataque. Non golpeamos o inimigo porque o desgusto polo seu último delito nos resulta insoportable, senón porque queremos ser libres aquí e agora. Non necesitamos xustificacións para golpear, simplemente non podemos aceptar vivir unha vida carente de significado como simples engrenaxes deste sistema mortal. Debemos ser nós quen ditemos os momentos da loita, hai todo un mundo que demoler e as posibilidades de derrotar ao monstro tecnolóxico fanse cada vez máis pequenas en proporción ao seu desenvolvemento.

Cando falamos de acción directa falamos da nosa vida pois o noso rexeitamento ao existente non é unha moda, senón algo moito máis profundo, no que poñemos en xogo toda a nosa existencia. Por este motivo, encontro verdadeiramente irritante cando nos referimos a calquera tipo de acción, dicindo que "era o mínimo que podiamos facer". Estou convencido de que non existe nada mínimo que se poida facer contra aquilo que nos oprime, non podemos autoimpoñernos límites na acción, esta debe ser sen restricións como a nosa sede de liberdade. Se nos encontramos fronte a un explotador asasino con uniforme etc., e decídese mancharlle o vestido con pintura, iso non é o mínimo que se podía facer, senón simplemente o que nós decidimos facer. Isto, probablemente, está ditado por unha serie de análise que, en lugar de dar maior forza á nosa acción, non hai máis que minimizala: "a xente non nos entendería, non debemos dar un paso máis que os demais, necesítase empezar por accións pequenas que son doadamente reproducibles", etc.

Naturalmente, trátase de consideracións que necesitarían un trato máis profundo e espero que haxa forma de volver a isto e discutir seriamente, o que agora quero dicir e ao que debemos aspirar sempre é a facer o máximo que nos consintan as nosas habilidades. Cando actuamos, deberiamos facelo esencialmente por nós mesmas e do xeito máis resolto, non somos distintas a aquelas que de xeito innegablemente autoritario chamamos "xente común", calquera cousa que fagamos a pode replicar calquera persoa, sempre que alimente o noso propio desexo de destruír a autoridade. Non debemos buscar convencer ás masas da bondade da nosa tese, senón que non buscar cómplices que queiran participar na obra de demolición. Non temos que ter medo do noso odio, senón lanzarnos á acción conscientes de que o inimigo non dubida nin un segundo na súa guerra contra a liberdade.

Estas notas están ditadas máis que dende a aspiración a desenvolver quizais calquera análise teórica innovadora, dende o simple desexo de tratar de compartir a idea da necesaria centralidade, na vida de toda anarquista revolucionaria, da práctica da acción directa destrutiva. Todo canto acabo de dicir sería sen dúbida obvio se non houbese tantas compas que consumen as súas forzas, dando voltas como buxainas, nun activismo carente de toda proxectualidade realmente revolucionaria, marcado polas feridas do asistencialismo e do oportunismo. Non obstante, xa existen antídotos para todo isto: organización informal, nihilismo, individualismo, rexeitamento de líderes máis ou menos carismáticos, rexeitamento de extra poder asembleario, comunicación a través da acción. Necesítase volver mirar o que está a suceder en todo o mundo igual que historicamente sempre fixeron as anarquistas, inimigas de toda as fronteiras, e decatarémonos con novos modos de acción de como compas de todas as latitudes están a experimentar, liberémonos dos grifóns das chamadas loitas sociais para lanzarnos sen freos ao asalto do existente. Temos que redescubrir a alegría de actuar, deixar de limitarnos a unha busca ilusoria do consentimento popular; sen tantos... teóricos, o noso obxectivo debe ser, simplemente, o de destruír o que nos destrúe. Liberémonos da política mesmo na súa declinación antagonista, debe quedar claro que non loitamos por un futuro brillante, senón por un vivir, aquí e agora, a anarquía debería ser en primeiro lugar un feito individual que afecte a toda a nosa vida: debemos conspirar, alimentar cada pequeno lume que poida incendiar toda a pradaría, atentar con todos os medios contra a orde, civilizada e tecnolóxica, que o sistema trata de impoñer. Nesta loita debemos utilizar todas as armas que teñamos á nosa disposición, en primeiro lugar as que non faltan no arsenal de cada anarquista: a vontade e a acción directa destrutiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada