9 jul 2014

Mónica e Francisco serán xulgados baixo a lei antiterrorista. Sobreseídos as demais compas implicadas no denominado "Os 5 de Barcelona"

Recollemos da web da CNA, esta información sobre a actualidade do caso que levou ao cárcere a Mónica e Francisco:

Este venres pasado, 4 de xullo, publicouse o auto que informa que definitivamente se procesa por terrorismo a Mónica Caballero e Francisco Solar. Segundo o xuíz, a policía e a prensa, que neste caso traballan cóbado a cóbado, aseguran que estes "están vinculados a FAI/FRI, unha organización terrorista de carácter internacional creada a partir da ideoloxía anarquista insurreccionalista".

Claramente a utilización desta sigla, malia non ter nada que ver nin sequera coa reivindicación do atentado que se lles acusa, utilízase para xustificar este proceso, xa que a UE recoñece estas siglas dentro da súa lista de organizacións terroristas. Sempre segundo a prensa e a armazón policial-xudicial "dentro desta organización [FAI/ FRI], ambos os dous pertencen presuntamente aos chamados Grupos Anarquistas Coordinados (GAC)". A prensa, nalgúns casos mesmo a prensa "alternativa", non deixou de relacionar esta coordinadora con FAI/FRI malia non ser máis que unha fantasía policial. "Unha superestrutura de grupos violentos independentes ao estilo do jihad islámico" afirmou "El Periódico de Aragón", por se faltaban adxectivos.

O resto das compas procesadas polo mesmo caso foron sobresidos.

No mesmo documento, o xuíz deixa sen efecto a imputación e as medidas preventivas adoptadas contra Valeria Giacomoni --cuxa única relación cos outros dous parecer ser terlles aloxado-- e contra Rocío Yune Mira e Gerardo Formoso, ás que o auto non menciona salvo á hora de retirarlles os cargos.

Mónica e Francisco están ben, e malia que a prensa o formula como algo novidoso, todas sabiamos que a acusación de terrorismo seguiría cara a adiante. A situación é a mesma, e basicamente o que isto significa é que o xuíz de instrución Velasco aceptou as hipóteses policiais como válidas para levalos a xuízo.

Sabemos tamén que as compas encerradas recibiron con ánimo que o resto das procesadas quedasen fóra do caso.

Enviamos un caloroso abrazo e ánimos para Mónica e Cariñoso.

A solidariedade é máis forte que os seus barrotes!

Para escribirlles:

Mónica Andrea Caballero Sepúlveda
Ávila-Prisión Provincial
Ctra. de Vicolozano s/n Apdo. 206
05194 Brieva (Ávila)

Francisco Javier Solar Domínguez
C.P. de Villabona Finca Tabladiello
33480 Villabona-Llanera (Asturies)

No hay comentarios:

Publicar un comentario