10 jul. 2014

[Chile] Juan Aliste, Fredy Fuentevilla e Marcelo Villaroel condenados sen probas a graves condenas

Recollemos de Tokata a resolución xudicial deste caso, do que vimos facendo seguimento en Abordaxe:

O pasado 2 de Xullo do 2014, o Cuarto Tribunal Oral no Penal condenou a Juan Aliste Vega, a Freddy Fuentevilla Sa e a Marcelo Villarroel a 42, 15, e 14 anos de cárcere, respectivamente. A xustiza chilena impúxolles estas penas draconianas logo de imputalos como autor e encubridores, do homicidio do cabo de Carabineiros Luis Moyano, acontecido o 18 de outubro de 2007, tras o asalto ao Banco Security en Santiago.

Cabe destacar que: Freddy, Juan e Marcelo negaron dende un principio a súa participación no asalto ao Security, rexeitaron as ofertas de fiscalía de realizar xuízos abreviados, ou declararse culpables en busca de rebaixas. Eles quixeron levar adiante este Xuízo, con todas as trabas que se impuxeron. Así, os compañeiros afirmaron "renunciamos ás súas convocatorias de claudicar, resistimos ás súas torturas e prisións correspondentes. Hoxe, íntegros e dispostos damos, xunto a outros, a batalla directa por máis subversión e liberdade... só a loita fainos libres".

Os compañeiros foron condenados en ausencia xa que se negaron a asistir ao espectáculo xurídico, que mantiña a súa disposición baixo "teleconferencia" con familias e compañeiros.

A inquisición democrática novamente decidiu sobre a vida de compañeiros, esta vez as condenas foron:

Juan Aliste: 18 Anos por autor do homicidio a Moyano + 10 anos por homicidio frustrado do policía Abarca + 14 anos por asalto ao Banco Santander en Valparaiso e Banco Security: 42 anos de prisión

Freddy Fuentevilla: 5 anos por encubridor do homicidio a Moyano + 3 anos por encubridor do homicidio frustrado a Abarca + 7 anos polo roubo ao Banco Security: 15 anos de prisión

Marcelo Villarroel: 14 anos de prisión polo asalto ao Banco Santander en Valparaiso e o Banco Security.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada