7 jun 2014

Actualización [Vigo] Venres 13 e Sábado 21 - Actividades en Homenaxe a "Gaviotu", asasinado no cárcere de A Lama

Actualizamos esta convocatoria solidaria con un texto que nos enviaron desde o Grupo de Apoio Galiza Sur da campaña Cárcere=Tortura.

Venres 13 as 20:30' - Concentración na praza Princesa
Sábado 21 as 14:00' - Xantar Pro-Presxs no CS A Cova dos Ratos (r Romil)

A represión contra activistas presas é unha constante nas cadeas do estado. Eugenio García Serrano, "Gaviotu" fora illado en abril como castigo a súa loita anticarceraria e á solidariedade que exercía con as súas compañeiras presas. Levarónlle a correspondencia, cacheárono e maltratárono e aos poucos días apareceu morto despois de decenas de anos preso e resistindo. Outras persoas presas en A Lama e en todos os cárceres seguen a loitar contra a barbarie silenciada que está á porta da nosa casa e onde todas podemos acabar, só fai falla ser pobre ou rebelde.

Non máis mortes baixo custodia!!
Non esquecemos a túa loita!!
Gavi, non perdoamos!!


Texto do Grupo de Apoio:

En Abril de este ano a dirección do centro penitenciario de A Lama decidiu dar un novo golpe represivo aos pres@s en loita da campanha Cárcere=tortura, a alguns os restrinxeron as visitas e as comunicacions, e denegaron permisos, a outros lles cachearon as celas e requisaron cartas e documentación ponhendo partes disciplinarios. Un de eles foi Eugenio Garcia Serrano, Gaviotu, asturiano encarcerado fai casi 30 anos e activo loitador anticarcerario durante toda a sua vida. A él lle acusaron de instigador a motines e lider duna suposta trama para desestabilizar a institución penitenciaria. Aplicaronlle o illamento por parte grave. A os poucos dias aparece morto na sua cela.

Gaviotu foi un exemplo de resistencia aos abusos do poder e unha persoa forte e cheo de solidariedade e, a pesar da situación, mantivo a moral moi alta e ganas de continuar a loita.

O cárcere poido acabar coa sua vida a poco de poder pedir a liberdade condicional.

Outro companheiro cortouse a veas en protesta pola represión que estan a padecer e fiso varias folgas de sed de dous dias.

Agora a familia demandará a prisom así como tamén será acusación particular o observatorio galego para a defensa de dereritos e liberdades “Esculca”.

Os solidari@s coas persoas presas fixemos no ultimo mes unha campanha de información aos familiares de pres@s en A Lama sobre a situación dos que defenden os seus dereitos.

Convocamos una concentración-homenaxe a Gaviotu en solidariedade coas pres@s en loita co lectura de textos que fixeron companheiros pres@s e familiares e amigos de Gaviotu e outros actos de protesta o venres 13 de xulho as 20,30h na praza da princesa en Vigo

Máis información en Abordaxe sobre este asasinato:

- Morre Eugenio García Serrano, Gavioto, en CP A Lama, Compañeiro Infatigable da loita anticarcelaria

- Familiares de Eugenio García, "Gavioto", denuncian responsábeis do cárcere da Lama pola súa morte en prisón

No hay comentarios:

Publicar un comentario