Envíaronos un correo de alguén implicada en SOS Panadeira onde se nos pede que se podemos nos fixeramos "eco do que realmente pasa en Sanxenxo estos dias e como uns poucos escollidos se saltan todalas regras do xogo e da Xustiza e campan o seu antollo". Acedemos gostosas a elo e aproveitamos para animar a seguir o exemplo e que nos enviedes das vosas vilas, cidades, montes, areais,... toda a información sobre as loitas pola defensa da terra e da vida en contra dos auténticos terroristas que veñen disfrazados de "xente ben" para chuchar de nós, o pobo, todo canto poidan con o apoio dos partidos no poder, auténticas mafias do capital destruitivo.
Xa hai un tempo informáramos desta loita popular e contábamos que Sanxenxo estaba a ferver, pois a veciñanza deste vila costeira levaba meses protestando contra a construción de novos amarres para embarcacións de ricos nas praias urbanas de "A Panadeira" e "Os Barcos". Agora colamos os videos e os enlaces ao seu blogue onde dan conta das últimas triquiñuelas dos usurpadores da vontade popular; pois como di a persoa que é a nosa informante: que se sepa a noticia tan importante, non o dubidedes, pasade os videos ou pasade o blog que se vexa o caciquismo e o mirar para outro lado.
- Nota Informativa do 4 de xuño "Isto non é realismo máxico. Isto está sucedendo en Sanxenxo"
- Nota Informativa do 4 de xuño Proposta de Candidaturas aos premios Atila de Ecoloxistas en Acción
- Comunicado 10 de xuño
13 jun 2014
[Sanxenxo] Últimas noticias de SOS Panadeira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
SOS Panadeira
ResponderEliminarInformamos que hoxe venres, ás 23 horas e mañán á mesma hora teremos un velatorio na praia de Os Barcos polas defuntas praias que son obxeto de graves agresións e maltrato por parte do RCN de Sanxenxo. Alumearemos o lugar con velas con a mensaxe de SOS. Como sempre dentro dun acto simbólico en homenaxe ás praias.
Varios integrantes de SOS facendo quendas damos fe de que hai un vixiante nocturno que non está acreditado e que está amparando a obra.
Hoxe chegaron camións de formigón para a cimentación da rampa, considerando que a obra é desmontable como afirma a directiva do RCNS e garanta Portos de Galicia, con o seu Presidente J.J. Durán, non debe ter cabida nengún tipo de cimentación mais están procedendo a verquer formigón no tramo último da rampa de acceso a terra colindando a auga.
Tambén baixo amparo da Gardia Civil que en todo momento vixia a obra e deixa que continúen, cimentando o lugar.