Recollemos (e traducimos) do blogue do Grupo Anarquista de Asturies "Higinio Carrocera":
Cárcere e multas para os que protestan contra o Capital e o Estado pola súa política de recortes, despedimentos e precarización das condicións laborais. Todo iso coa complicidade dos sindicatos mineiros de Soma-UGT e CCOO, que levan anos negociando a liquidación da minaría.
Os dez acusados foron identicados entre un grupo dunhas sesenta persoas que participaron nun corte de tráco na estrada AS-I (Autovía Mineira), á altura de Bendición (Siero), sobre as 7.00 horas do 2 de xullo de 2012. Segundo o Fiscal, os acusados prenderon lume a unha gran cantidade de pneumáticos, "asumindo os danos que causaban á vía pública", e causaron danos no valo de cerramento.
Á chegada da Garda Civil, o grupo de persoas que participaba na barricada repregouse cara ao monte para dende alí manter posicións contra as forzas represivas. Os axentes puideron deter a un deles, quen formaba parte dun grupo que se encontraba lanzando foguetes e bólas de golf con lanzadeiras aos axentes.
Pouco despois, a Garda Civil detivo outros nove dos participantes na barricada, para os que o Fiscal solicita unha pena de ano e medio de prisión, para cada un deles, por un delito de desordes públicas. Para o primeiro dos detidos, ao que lle incautaron unha lanzadeira e un foguete, o Fiscal interesa unha pena de cinco anos de prisión polo mesmo delito e por outro de atentado con uso de medio perigoso.
Ademais, solicita que os dez, de forma conxunta e solidaria, indemnicen á Consellaría de Fomento con 2.155,27 euros polos gastos de reparación do pavimento da autovía, o valo e a retirada de entullos.
Máis información en Abordaxe sobre esa luita mineira en orden cronolóxico:
14/6/2012.- 18 de junho Convocatória Solidária com a Luita Mineira
18/6/2012.- Já tardavam!! A Asociaçom Pro Guardia Civil tilda de terrorismo os protestos mineiros
27/6/2012.- Quarenta dias no fundo dum poço.- Um relato da luta mineira
No hay comentarios:
Publicar un comentario