Polo menos seis sancións administrativas de 300 euros foron cursadas estes días dende a subdelegación do goberno por manifestarse contra o desaloxo do Centro Social Okupado de Palavea. A protesta en cuestión sucedeu o día 17 de Marzo, data na que o auto xudicial ordenaba o desaloxo (aínda que este se produciu efectivamente dúas semanas máis tarde), cando un centenar de persoas cortaron ata en dúas ocasións a nacional 550 á altura da porta do agora extiguido centro social (nova neste blog -AQUÍ). O dispositivo represivo incluiu a efectivos da guardia civil e dos antidisturbios da policía nacional, así como un helicóptero que sobrevoou a zona. Pese ao desmesurado do despregamento policiaco ninguén foi identificado durante a protesta. Non obstante os expedientes sancionadores que están a chegar estes días sinalan a seis activistas como organizadores da protesta, aducindo que portaban o mégafono ou suxeitaban a pancarta (afirmación totalmente falsa no caso de varios deles). O precepto legal infrinxido, o 23c) da Lei Orgánica de seguridade cidadá, alude a realización de protestas sin autorización gubernativa.
O atestado policial é tan chapuceiro que asegura que entre os cánticos que os manifestantes coreaban estaba o de "Si te abren la cabeza jodete". Lema que non se empregou nesa ocasión (noutras protestas posteriores si) posto que alude aos policías feridos durante o 22M que, evidentemente, no 17M aínda estaban dunha peza.
A de ese día non foi a única protesta realizada contra o desaloxo desta okupa coruñesa, aínda se fixeron outra concentracón o día do desaloxo e máis unha manifestación a semana seguinte, así que, tal e como está o panorama represivo por estes lares, non sería de estrañar que chegasen novas sancións no sucesivo.
Aquí tedes, amigas e amigos, un exemplo máis da razón evidente pola que convén taparse a cara no transcurso das protestas.
Nova elaborada por C.R. con información facilitada por algún dos afectados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario