Reproducimos e traducimos esta crónica, sobre os valos con concertinas que está a construir Marrocos a poucos metros das que xa existen na colonia española de Melilla, asinada por juanlusanchez na súa web (e que recollimos do Tokata). Curiosamente vai ser Marrocos o primeiro pais que vissite Felipe VI, será para agradecerlle tal servilismo para frear a entrada ao novo reino aos indesexáveis migrantes negros e pobres?:
Adiviña quen vai ter a culpa cando se produzan mortos ou feridos no valo de concertinas que Marrocos está a instalar a uns metros do valo de Melilla, en territorio marroquí. O Goberno español dirá, como di cando se coñecen os casos de vítimas que tratan de chegar o valo pero que desaparecen misteriosamente, que iso son cousas de Marrocos. Xogarán ao truco das mans limpas: a policía marroquí ensucíallas por nós para que España poida dicir "nós non temos a culpa" e "Marrocos fíxose cargo".
O argumento non se suxeita. Para que vai colocar Marrocos centos de policías antes dunha fronteira de saída, se precisamente está a desexar desfacerse de todos os subsaharianos que están no seu territorio sen papeis? Con que interese querería Marrocos impedir que sigan o seu camiño? Para que instalar uns valos con coitelas, engadidas ás que xa ten España, que manteñan "o problema" no seu país?
Aínda que o uniforme sexa marroquí e no novo valo ondee a bandeira marroquí, son en realidade forzas e dispositivos que serven directamente a España e a Europa. Están aí para traballar por "nós". Non hai outra razón que non sexa a de defender a fronteira para que non teñamos que defendelas coas nosas propias forzas e bandeiras. Por pura cuestión estética e tamén legal: mellor que violen os dereitos humanos por nós, que facelo un directamente sempre trae máis problemas.
Marrocos é o noso mercenario, e recibe boa recompensa. A cambio de controlar por nós o fluxo de inmigración - tamén nos bota unha man noutras cuestións que para o noso Goberno entran no mesmo saco: terrorismo ou narcotráfico - a diplomacia española emprégase a fondo por manter contento ao rei Mohamed VI. Precisamente hoxe (NdeA polo luns 16), o ministro de Exteriores español está a asinar un acordo de Cooperación con Marrocos; as ONG españolas quéixanse dende fai xa lustros de que os fondos españois que deberían ir a erradicar a pobreza do Magreb están a ser utilizados para financiar aquilo que a monarquía marroquí sinala.
A pesar dos euros que van a Marrocos, un non encontra a Axencia de Cooperación Española nos montes do Gurugú ou tras os valos da Universidade de Nador onde dormen centos ou no deserto da fronteira con Alxeria onde a xendarmaría os abandona á súa sorte. Só vense a organizacións sociais independentes e observadores internacionais que resisten entre os acosto oficial marroquí ata que xa non poden máis e ten que vir outro a facer o seu traballo. Cos xornalistas pasa igual.
Ao final de todo, queda debuxada unha pirueta: España utilizando os fondos de Cooperación Exterior como contrapartida para a subcontratación de fronteiras, cousa que á súa vez esborrancha as responsabilidades e facilita a violación de dereitos humanos.
Introducción da noticia x eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario