27 jun. 2014

[Illas Canarias] Detidas varias persoas en Tenerife por oponherse a Repsol. Comunicado Solidario

Colamos (e traducimos) de AlasBarricadas:


A represión mediático-policial fai das súas, esta vez as poutas do terror estatal alcanzan a individualidades e persoas que forman parte de distintos movementos sociais, sindicais das Illas Canarias. Nunca estaremos co poder, nin nos agrada a súa manía persecutoria, nin o seu ritual de criminalizar a todas as persoas de colectivos sociais que apostan por un mundo sen explotación e sen xerarquías, sen control social. Tampouco estaremos de acordo cos medios de comunicación, que obedecen aos seus amos capitalistas e fan de voceiros do poder, nin con perrodistas ao servizo da oligarquía politico-financeira e social.

No día de hoxe (por onte) producíronse varias detencións, entre 5 e 7 persoas, dous delas de sexo feminino. Segundo contan, as retencións e detencións se produciron nos seus domicilios particulares, e en centros de trabajo... e segundo os veciños contan, a policia encapuchada, realizou a súa habitual película antiterrorista, co seu aparato dende primeiras horas da mañá, e ao longo desta mañá foron trasladadxs ata a comisaria 3 de maio.

Sen visos de ser postas en liberdade esta vez o terror e a criminalización está dirixida, segundo a día de hoxe coñecemos, contra estas persoas que se llas acusa presuntamente de alteración de orde, coacción, etc... Non temos precisión da repercusión social desta manobra represiva, só sabemos que a resposta está sendo identificar á xente que se está a chegar para apoiar estas persoas sen liberdade e sen manobra de defenderse, posto que aos avogadxs aínda non os deixaron pasar a dependencias policiais.

Ao parecer, as detidas foron retidas de moi malas formas e de forma violenta.

A última hora sábese que soltaron a dous, os esbirros do poder sacáronos pola porta traseira, sen que as persoas que están a chegar a comisaria para mostrar a súa solidariedade, poidan falar con elas de todo o acontecido. Estase a mostrar o rexeitamento a estas detencións dende primeira hora da tarde por individualidades e colectivos sociais e sindicais. Pero a sombra da represión é alongada e algunha persoa foi identificada por mostrar publicamente o desacordo a esta actuación represiva do aparato do estado.

A raiz na manifestación do pasado día 7 de xuño, á que acudiron só en Santa Cruz de Tenerife máis de 200.000 persoas contra os plans de sondaxes da empresa Repsol, avalados polo goberno correspondente e o tribunal constitucional, lacaios das empresas enerxéticas neste e outros asuntos recéns. A multitudinaria manifestación rematou de forma pacífica e voluntariamente as persoas congregadas por diferentes ámbitos e movementos como o social, o ecolóxico, sindical participaron en forma de protesta e reivindicación.

Ao finalizar a marcha-manifestación, varias persoas de forma autónoma e espontánea apoiaron unha acción de desobediencia civil, ao tratar moita xente de empolicarse á torre petrolífera do porto de Santa Cruz instalada alí varios días atrás.

Pero non obstante, a acción foi reprimida e tamén increpada dende un primeiro momento por unha xornalista afín ao réxime que non paraba de insultar e ameazar as persoas que querían resistir ao ataque da mafia petroleira. Aos poucos os abusos da garda civil ao tratar de paralizar a acción non se fixeron esperar.

Non foron estas persoas as que increparon a fotoxornalista, senón que foi ao revés, a perrodista increpou a multitude e foi cando a garda civil actuou de forma violenta contra as manifestantes. Varias persoas ao ser agredidas polos energúmenos de verde, cruzando estxs ao outro lado e protexéndose dos golpes dos axentes, refuxiáronse xunto a un colector, o cal foi desviado para protexerse cara ao paseo marítimo. Outros grupos de varios rapaces lanzaron pedras para non ser arrastrados e golpeados polos axentes do instituto armado. A agresión feroz do réxime do vello borbón e indiscriminada represión rematou coa manifestación de repulsa e accións directas contra as petroleiras, e aí quedou a cousa ata a data. Pero como o novo (e vello) réxime bribónico borbónico ve inimigos en todas as partes, a represión continúa por parte dos seus esbirros.

Sábese de sobra que as detidas foron os "chibos expiatorios", a escusa perfecta para o novo-vello réxime de poder detelas, só porque son coñecidas por pertencer a colectivos e movementos sociais da cidade, que protestaban pacificamente como o resto de cidadáns.

Vemos unha vez máis a montaxe dos medios de incomunicación, os enredos da policía, actuando contra os intereses do pobo e a sociedade en xeral, e poñéndose do lado dos intereses da mafia económica-político-financeira.

Polo momento, estanse a organizar colectivos sociais e individualidades para apoiar e acudir ata a comisaría en protesta, pois aínda quedan prisioneiros algunhxs compañierxs.

Xs secuestradxs polo aparato represor, contarannos a súa experiencia unha vez aclárese que a violencia non a exerceron elxs, senón as forzas armadas do estado.

Estes feitos dende logo, son unha clara manobra para desprestixiar o movemento contra os desmandos e medidas de austeridade e políticas enerxéticas, en beneficio de unhxs poucxs, ben coñecidas por todxs, pero non podemos quedar na casa de brazos cruzados, hai que saír ás rúas e mostrar nosa oposición con todas as nosas forzas e sentimentos envorcados na solidariedade.

A medida que avogadxs e familiares se posicionen ao respecto. Ánimo e a solidariedade como ferramenta contra o poder e a dominación.

A todo isto, convocouse a nivel estatal unha manifestación, para o sábado día 28, que seguro non pasará desapercibida por este feito represor en Tenerife no día de hoy.

Polxs represaliadxs, porque non queremos máis detencións, imputacións e encarceramentos por loitar!

Solidariedade coas detidas. Se tocan a unha, tócannos a todas.
Nin petroleiras, nin represión. Fóra das nosas vidas.
Paso a paso. Nin un paso atrás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada