27 jun. 2014

[$hile] Comunicado ante o trato vexatorio a familiares da compañeira Tamara Sol e a súa situación carceraria.

Na noticia anterior falamos dos abusos dos carcereiros para con Juan Aliste co gallo da misteriosa chave de alxemas. E como comprobación de que estas actitudes prepotentes dos carcereiros non son algo pontoal (ao igual que por estes lares), colamos agora este Comunicado, tambén recollido da Publicación Refractario no que se da conta de carcereiros do centro de Exterminio de San Miguel que decidiron amosar a súa insignificante autoridade ao tentar humillar ás compañeiras Ana e Luisa (nai e avoa de Tamara Sol) no seu ingreso á visita, como tambén castigar a Tamara Sol:

Somos a familia de Tamara Sol Farías Vergara. Como vostedes xa están informados, Tamara encóntrase prisioneira no cárcere de San Miguel dende o 22 de xaneiro de 2014. Na visita do luns 16 de xuño, que era só da familia, tivemos serios problemas con xendarmaría, polo trato vexatorio ao que fomos sometidos. Á avoa de Tamara, Luisa, que ten 75 anos, a carcereira que a revisou fíxoa espirse e facer sentadillas, reprochándoo que usaba moita roupa. Cabe mencionar que o lugar onde as prisioneiras reciben as súas familias é un ximnasio teitado pero aberto en ambos os dous costados, onde entra o vento e a chuvia, mollando todo o piso e xerando un ambiente xélido e húmido extremos. Logo, esa mesma funcionaria, berrou á visita doutra interna porque o seu bebé de meses estaba cagado ao momento da revisión, gritando que iso non podía ser, que tiña que mudala antes de entrar! Esa nai chegou chorando ao ximnasio destinado ás visitas.

Ana Luisa, a mamá de Tamara, foi máis violentamente tratada porque foi revisada e espida xunto a outra persoa e, ademais porque levaba posto un cinto de liño que a xendarme a obrigou a botar ou pola contra tiña que retirarse do recinto, alzando a voz e chispeando os dedos en forma prepotente. Ante tan provocadora conduta da carcereira, Ana botou violentamente ao lixo o cinto e sinalouno á funcionaria que só nese lugar ela podería abusar dese poder, pero que na rúa non era ninguén. Este xesto de rabia, produto da impotencia, foi considerado como unha "grave falta de respecto á autoridade", negándolle a posibilidade de entrar a ver a súa filla. Os avós de Tamara, Luisa e Manuel, xa entraran a ver a Tamara, pero ao decatarse eles de tal medida, en mutuo acordo retiráronse da visita para increpar á muller-xendarme pola súa estúpida postura fachendosa fronte ás visitas das presas e a súa enfermiza necesidade de ser recoñecida como "autoridade", e deixarlle en claro que ela nin ningún uniformado é autoridade de nós. Ambos os dous avós tamén foron ameazados coas penas do inferno e levados ao "alto superior" dos carcereiros para que nos aplicase o castigo correspondente.


Tamara, logo de decatarse do trato indigno e o abuso de poder por parte dos xendarmes cara á súa familia, realizou un ousado acto de dignidade, propio da súa grandeza como ser humana, no exercicio da súa dignidade e en defensa da nosa. Pediu unha entrevista coa comandante do penal, expúxolle a súa queixa polo maltrato cara á súa familia, deixando en claro que a súa familia non ten por que ser ninguneada e ameazada constantemente polos funcionarios amparados no uniforme e os protocolos de revisión cara ás visitas, selando o seu reclamo cun esgarro na cara da comandante do penal e á do seu subalterno a cargo e logo baixouse os pantalóns e mostroulles o cu (acción coñecida como un "calvo") como mostra do humillante que significa para as visitas ter que espirse fronte ao persoal, agacharse e mostrar as súas partes íntimas e así nuas, facer sentadillas, a pesar que contan con métodos modernos para detectar metais (arcos nas portas de acceso, cadeira-scáner onde nos debemos sentar e paletas).

Tamara foi castigada por sete días sen visita. Polo seu lado, Ana, a nai de Tamara, foi castigada durante tres meses sen visita, aludindo os uniformados que tería "ameazado de morte á funcionaria", o que é absolutamente falso. Actualmente estamos a xestionar a denuncia e a apelación a tan abusiva medida, a través do Instituto Nacional de Dereitos Humanos e tamén ante a propia institución de xendarmaría.

Outro punto que queremos deixar en claro é que Tamara foi golpeada hai un mes atrás por dúas mulleres internas, ela non puido defenderse, pero igualmente foi castigada sen visita por dúas semanas. Nesa ocasión solicitamos o traslado de Tamara a outro módulo, non obstante, as que resultaron trasladadas a outro penal foron as agresoras.

Pero agora, nesta ocasión non deixaremos pasar esta inxusta situación porque nos parece que xa chegamos a un límite perigoso de perda da nosa dignidade fronte á despótica postura do persoal de xendarmaría.

Como familia Vergara Toledo, denunciamos publicamente o constante fustrigamento e abuso de poder de parte dos funcionarios de xendarmaría, non tan só cara á nosa familia senón que cara a todas as visitas das mulleres que están recluídas no cárcere de San Miguel. Entendemos que tanto as prisioneiras coma os seus familiares non se atrevan a denunciar os abusos de parte dos funcionarios de xendarmaría, porque as consecuencias están á vista. A carcereira que provocou toda esta situación está a ser protexida pola súa institución, negándonos entregar a súa identificación, así como foron protexidos os responsables dos 81 prisioneiros calcinados vivos nese mesmo centro de exterminio. ¡Foron asasinadas 81 persoas que estaban en mans do estado chileno e de xendarmaría e non hai responsables!! Facemos un chamado a todos os familiares de todos os presos e presas, a denunciar cada acto abusivo de parte de xendarmaría.

A pesar dos castigos e os riscos que significa enfrontarse ao sistema carcerario, sobre todo cando se ten un ser querido aí dentro en calidade de refén, cremos que é necesario manternos dignos e non deixarnos avasalar polo medo e a prepotencia dos que necesitan sentirse "autoridade", onde "vixiar e castigar" é o único sentido da súa vida.

Agradecemos á nosa amada Tamara Sol polo seu grande acto de valentía e dignidade estando aí dentro. Ela, dende o seu indómito silencio dános leccións de que as accións non necesitan de tantas palabras, senón que a decisión de facelas e a claridade que con elas nos facemos máis dignos e libres.

TAMARA SOL NON ESTÁS SOA!
ESTAMOS CONTIGO ATA LOGRAR A TÚA LIBERDADE!

Luisa Toledo Sepúlveda, Manuel Vergara Meza, Ana Luisa Vergara Toledo

Santiago, xuño 21 de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada