17 jun 2014

Greenpeace perde 4 millóns de euros especulando

Greenpeace, a empresa que vai de ecoloxista admitiu ter cometido graves erros de cálculo nunha serie de operacións financieras especulativas, o que ao parecer supuxo para a organización perdas por valor de 3,8 millóns de euros, según a prensa burguesa.

"Lamentamos terriblemente esas pérdidas y pedimos encarecidamente disculpas a quienes nos apoyan", comunicaron fontes da central da multinazional en Alemaña respecto aos fallos detectados no departamento financieiro de Greenpeace Internacional, en Amsterdam.

Esta comunicación correspóndese coas informacións reveladas onte polo semanario Der Spiegel sobre o erro de cálculo dun empregado da sección financieira (si, Greenpeace é unha empresa capitalista), que fixo unha serie de transaccións capitalistas ao pensar que o euro devaluaríase, e trabucouse. Dacordo con ese medio, o problema producíuse ao mercar divisa estranxeira para outras oficinas, operación que se centraliza dende Greenpeace Internacional, onde xestionan este tipo de tarefas para un total de 40 delegacións nacionais e rexionais.


Según a fonte de Greenpeace, o empregado actuou pola súa conta e foi despedido (traballo temporal, terrorismo patronal). A práctica habitual é que este tipo de operacións terroristas financieiras sexan supervisadas pola "xerencia" (a xerarquía que non aparece nin aperecerá nunca nas súas campañas), o que non ocorreu neste caso e implica, admitiron tamén, un "erro grave" nos mecanismos de control das finanzas do negocio. O presuposto de Greenpeace Internacional para 2013 foi de 79 millóns de euros, mentres que en 2014 calcúlase que ascenderá a 82 millóns. Todo este tipo de actuacións poñen de manifesto a verdadeira faciana capitalista do ecoloxismo institucional e o seu "negocio verde". A loita ecoloxista sempre será un ideal ao que acompañan uns sentimentos e unha formación, non algo co que forrarse. Non te deixes enganar e nunca esquezas a toda a xente que está presa na actualidade por esta loita.

Agora e sempre, boicot e sabotaxe ao "negocio verde"!!!


Nova tirada de veganxs.blogspot.com e traducida polo teixugo castrón para Abordaxe-blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario