12 jun 2014

[Chile] Audios das declaracións dos compas Juan, Freddy e Marcelo ante o seu xuízo.

PublicaciónRefractario.- Durante o derradeiro día do xuízo polo Caso Security, os compas Juan, Freddy e Marcelo fan uso da palabra non para falar necesariamente do proceso na súa contra senón para asumir orgullosamente os seus posicionamentos de vida inclaudicables. A situación que se viviu aquel día nos tribunais mantivera a tensión ao máximo con fiscais, carcereiros, a prensa e as xuízas, sendo a primeira vez, nos últimos tempos da rexión dominada polo estado de Chile, que se produce unha declaración política de compañeiros revolucionarios nas salas da súa inquisición democrática, nos seus pulcros altares de sacrificio humano, donde os compas cuspenlle na súa cara e recoñecen orgullosamente quen son e as decisións tomadas. Unhas reflexións sobre as mentiras da inquisición democrática, dun tribunal militarizado, con unha lembranza solidaria para con outras loitadoras chilenas e doutras lugares do mundo. "Somos os culpables perfectos, cumprimos con todos os stándares que estabelece o estado e a policía para decidir que nos somos os responsables de ditos actos".

Declaracións:
-Juan Aliste.
-Freddy Fuentevilla
-Marcelo Villarroel.

Varias referencias que realizan os compas fan alusion a situación criada no día anterior cando a suposta frustrada fuga con unha chave das alxemas, da que acusaran á nai de Juan de introduzila (e da que dimos conta en Abordaxe).

Lembramos que as xuízas ditaran estas condenas:

1)Roubo con Intimidación en Banco Santander, Agustinas: Absolto Juan.
2)Roubo con Intimidación en Banco Santander, Valparaiso: Condenados Juan e Marcelo; Absolto Freddy.
3)Roubo con Intimidación en Banco Security, Agustinas: Culpables Juan, Freddy e Marcelo
4)Homicidio contra Moyano e Homicidio frustrado contra Abarca: Culpable Juan en calidade de autor e Freddy como “encubridor”.

Ademais Juan será calificado como “reincidente” debido aos antecedentes que pesan sobre él pola anterior morte de outro policía en enfrentamentos durante a década dos 90. Freddy pola súa parte, é o único que non mantiña unha condena anterior, pero a fiscalía presentou un certificado de antecedentes onde sorpresivamente Freddy aparece condenado pola fiscalía militar dende mediados de Decembro de 2009 pola súa vinculación con o homicidio de Moyano, unha sentencia ficticia e inexistente dun xuizo que nunca foi realizado, pero que non tanto é a mellor proba de que os compas estaban condenados antes de iniciarse o xuízo. Finalmente a fiscalía conclue solicitando un total de 108 anos de cárcere para os 3 compas. Os anos que repartan as 3 xuízas do caso sobre a vida dos compas, serán dados a coñecer na “Leitura de Sentencia” a realizarse en 2 de xullo de 2014 ás 12:00 Hrs (de Chile); e cando saibamos daremos cumprida conta.

Máis información sobre este caso coñecido como "Security" en Abordaxe

2 comentarios:

  1. Non funcionan os enlaces das declaracións,a ver se se pode resolver....
    Graciñas!

    ResponderEliminar
  2. Obrigadas pelo aviso!!

    Já está soluçonado.

    ResponderEliminar