As piratas embarcadas nesta travesía, acordamos deixar este barco en dique seco e a bon abrigo, pero con a "santabárbara" cheiña de pólvora. Arriamos velas, desmontamos mastros, recollimos cañóns e metralla e trasladámonos a un novo navío onde xa ondea a nosa bandeira preta:
Convidámosvos a navegar con nós nesta odisea, e a que nos sigades enviando a vosa munición e compartindo aventuras e luitas. A tal efeito deixamos o noso enderezo de contacto: abordaxe@bastardi.net
Mañán, xoves 12, ás 9.00h e dende a praza de Monforte, acompañaremos a Pepita ata os xulgados a arropala e apoiala neste primeiro trance xudicial. Todxs con Pepita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario