5 may 2014

[Pontedeume] 9 e 10 de maio.- V aniversario do CSO A Casa da Estación - Cartaz e programación definitiva.

Hai uns días as compas do CSO A Casa da Estación nos facilitaran o avance da programación do seu V Aniversario e que fixeramos público en Abordaxe, agora recibimos e damos pulo, o cartaz e a programación definitiva das actividades que se van realizar neste vindeiro finde:

Os vindeiros 9 e 10 de maio, despois de moitas reformas que se fixeron pola casa, celebraremos xunto con vós o V Aniversario do Centro Social Okupado A Casa da Estación.

Progamación

Venres 9

Exposición de fotografías e carteis

20:30 Palestra “Okupación e loitas locais”.

23:00 Campionato de futbolín.

Sábado 10

12:30 Actividades para nenas e nenos

15:00 Xantador vegano solidario

17:30 Palestra “O movemento de okupación, casos concretos da Galiza e a historia e loita do CSO Eskuela Taller de Alcorcón”.

22:00 Concertos (a entrada é de balde, mais haberá un bote pola autoxestión da casa no que vós decidides canto queredes aportar a este proxecto. Grazas a vosa axuda poderemos seguir facendo actividades no centro social)

-Tardepiache (Fusión, Ska dende Trasancos)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=XZmFqCsOK3Q
https://www.youtube.com/watch?v=3LpY6-7Vwro

-PÖLISONG (Hard Rock dende Ferrolterra)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=Nyp9dB54dD8

-Eskakeo (Rock and Roll dende Narón)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=hoNVVxEqN34

-The Fe Kaos (Punk de chabola dende Ribeira)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=t9mMmDIJEjA

-Javi Chiru (Cantautor dende Monfero)

-La Orquesta apesta (Versións Punk dende Coruña)

O centro social é un proxecto aberto e asembleario no que todo o mundo pode participar. As asembleas son os venres ás 21:00 na casa, estades todxs convidadxs a colaborar no proxecto.

Unha aperta e ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario