Seguimos recebendo de parte das organizadoras, as actividades programadas cada semana como peche de exposición desta Feira solidaria coas persoas privadas de liberdade, que está a percorrer varios lugares da cidade de Ourense para recortar a distancia entre dentro e fóra, nos que semanalmente poderás visitar a exposición "A Arte como Arma", integrada por libros, poemas, e debuxos realizados por presas/os. E os outros puntos que compoñen a feira: punto de recollida de material, espazo para cartearte coas persoas presas, biblioteca con material escrito dentro e fóra do cárcere.
Esta semana están no Grándola, e rematará o xoves 15 de maio a partires das 20:00 h cun concerto debalde na Praza de San Marcial de FURNIER e PURA MESTURA. Hip Hop Antiautoritario desde Compostela. Lá tamén poderedes degustar ricos petiscos veganos!
Un biko rebelde!
Vémonos nas rúas!
Lembramos que en Abordaxe temos un apartado especial adicado a esta Feira na nosa coluna direita
No hay comentarios:
Publicar un comentario