Hai unha semana os mass merdas fazianse eco de que o Goberno español acusaba, os inmigrantes que trataran de saltar a valla de Melilla o 1º de maio, de agresivos e destacaban a opinión de Abdelmalik El Bernaki, o delegado do Goberno en Melilla, quen considerou que: "os inmigrantes están a intentar forzar a súa entrada a Europa, utilizando calquera elemento que estea na súa man para conseguir o seu obxectivo"; unha das frases formuladas coas que xustificaba o uso de aerosois de gas pementa ou dun extintor contra algúns dos preto de cen inmigrantes que, nese 1º de maio, permaneceran durante horas no alto do valo de seis metros de altura que separa a cidade autónoma de Marrocos.
O seu discurso complementáabase cunha fotografía dunha serie de "aparellos" incautados pola Garda Civil que, segundo El Bernaki, son utilizados polos emigrantes "como métodos de defensa, para intentar facer dano ou para intimidar as forzas de seguridade".
Os elementos incautados a algúns dos preto de 600 inmigrantes son os seguintes: dous paus, dúas cordas e unha especie de gancho [evidentemente para facilitar a escalada] e un último elemento denominado por Delegación do Goberno como "arma branca", que ten pinta de ser un coitelo romo para untar: "Son elementos contundentes para poder sortear a malla antitrepa, pero tamén vimos algunha arma branca. Utilízanos como método de defensa, de facer dano ou para intimidar ás forzas de seguridade", alertou El Bernaki mentres aseguraba que a súa institución non "pretende criminalizar en ningún caso os inmigrantes pero non se pode consentir unha predisposición ao enfrontamento". Nesta liña, recorda que o uso destes elementos "podería derivar nunha desgracia porque moita xente podería ter caído", pois, segundo recorda, "a zona do valo onde se apoian é moi inestable".
Durante o intento de entrada deste xoves produciuse un forcexo entre algúns dos inmigrantes empolicados no valo e axentes da Garda Civil que intentaban baixalos para proceder á súa devolución. Interior fixo públicas unhas imaxes onde se mostra o fume desprendido por unha camiseta queimada por un dos subsaharianos e como unha das persoas empolicadas retira a porra dun membro do Instituto Armado coa que trataba de intimidalos. pero os vídeos oficiais non mostran a reacción da Garda Civil. Momentos despois, un axente apareceu cun extintor co que regou un dos inmigrantes no alto do mesmo valo do que o delegado de Goberno destaca a súa inestabilidade. Segundo Delegación, o obxectivo deste elemento era "apagar a chama dun chisqueiro" co que previamente se queimara unha camiseta. "O extintor non é un medio antidisturbios. O que intentamos é que ese lume non se expanda (..). Vimos como ameazaban a Garda Civil", xustifica El Barnaki, que chega a ironizar: "Se o prefiren, a Garda Civil podería ter soprado".
Tras ese salto Interior deu un novo paso: lexitimar o uso de aerosois de gas pementa no alto do valo de Melilla polo que a Garda Civil seguirá empregando este tipo de spray para conseguir que os inmigrantes descendan do aramado. "É un material regulado e regulamentario que calquera corpo de seguridade debe utilizar coa proporcionalidade que merece. Os axentes teñen o noso apoio e continuarase usando".
Ademais, o delegado do Goberno en Melilla declarou que os inmigrantes se suben á valla porque está de "moda" e porque buscan chamar a atención da prensa e acusou de "demagogos" a aqueles que cuestionan a utilización de material antidisturbios nas zonas fronteirizas, sobre todo despois da morte de 15 persoas a mans da Guarda Civil no intento de entrada a Ceuta do pasado 6 de febreiro e insiste na teima da existencia de mafias: "Creo que o debate interno sobre o uso de material antidisturbios en vixilancia e control das nosas fronteiras, lonxe de enriquecernos, fortaleceu as mafias que o identificaron cunha debilidade, cunha oportunidade para entrar".
Preguntado sobre cantas persoas foran devoltas a Marrocos, El Barkani comezou respondendo: "Non se contaron...". Para, inmediantamente despois corrixirse a si mesmo: "Non houbo ningunha devolución, simplemente non entraron". Unha confusión que deixa claro quen minte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario