22 may 2014

"O sangue derramado" . Unha ONG contabiliza 908 activistas ambientalistas de todo o mundo asasinadas nos últimos dez anos

"Nunca foi tan importante protexer o medio, e nunca tivo unhas consecuencias tan mortais". Con esta frase arranca o documento "Medio mortal: Informe sobre o aumento do número de asasinatos de defensores do medio e a terra", realizado pola ONG Global Witness, que consiste nun seguimento sobre casos criminais acontecidos en distintas partes do mundo durante o período 2002-2013 (acá en inglés).

A cifra que manexa esta ONG en total é de 908 cidadás asasinadas por enfrontarse ao saqueo ambiental se ben aclara que "é practicamente seguro que se desen máis casos, pero é difícil encontrar a información pertinente debido á natureza do problema, e é aínda máis difícil verificala". De feito causa estrañeza que non haxa nengún caso rexistrado nos países do chamado 1º mundo occidental desenvolvido, de onde proceden as empresas que son as grandes culpábeis dese saqueo.

A cantidade de mortes do ano 2012 triplicou á de 2002. E nos últimos catro anos, a taxa aumentou a duas activistas asasinadas por semana. Dos 908 casos rexistrados, só 10 foron xulgados e sentenciados. Ademais, a ONG resalta o rol que cumpren as forzas policiais á hora de enfrontarse ante estas problemáticas: "A miúdo, os defensores enfróntanse ás ameazas precisamente das persoas que deberían protexelos: en varios casos víronse implicados membros das forzas de seguridade do estado, que adoitan colaborar con empresas e propietarios particulares de terras".

O informe sinala (sic): "Moitas das vítimas son persoas correntes que combaten o acaparamento de terra, as operacións mineiras e o comercio industrial de madeira; persoas ás que se adoita expulsar dos seus fogares e que se ven gravemente ameazadas pola devastación ambiental". Sobre as comunidades orixinarias, formula que en moitos casos, "os seus dereitos sobre a terra non quedan recoñecidos nin na lexislación nin na práctica, co cal se expoñen á explotación por parte de poderosos intereses económicos que os catalogan como 'contrarios ao desenvolvemento'".

Como dados "curiosos" cabe sinalar que o 50% deses homicidios aconteceron en Brasil, con un total de 448 asasinatos, a maioría membros dos “sen terra”, ocupantes ilegais e integrantes de comunidades orixinarias. Nun cómodo segundo lugar, aparece outro país latinoamericano, Honduras, con 109 casos, onde de 2010 a 2012, superaron os 25 homicidios anuais.

A seguinte táboa enumera a cantidade de asasinatos por países:


eDu segundo información recollida do artigo "La sangre derramada" autoría de Lea Ross e publicado na web arxentina Ecoscordoba

No hay comentarios:

Publicar un comentario