En Primeiro de Maio, de madrugada, anarquistas gregxs sabotearon un feixe de caixeiros, ata 66, en varios barrios de Atenas e segundo apontan no seu Comunicado, que recollemos de ContraInfo, foi por contribuir ao seu xeito na agudización da guerra social e de clase e buscar así conectarnos con as luitas en solidariedade con xs prisioneirxs contra o proxecto de reforma do Código penitenciario.
Colamos o Comunicado á íntegra:
Estamos vivindo nun período onde o Estado volvese cada día máis totalitario, autoritario e represivo. Quitouse a capa de “Estado social” e amosa o seu verdadeiro rostro: como instrumento de represión e dominación, como expoñente institucional do Poder burgués, como garante da escravitude asalariada e a prevalencia clasista da patronal.
O Estado está atacando contra calqueira sector da sociedade que está resistindo ou contra calqueira sector que se considera marxinal ou “corpo extraño”, mediante persecucións, encarceramentos, torturas, execucións, conscripcións civis de folguistas, proibición de manifestacións e medo.
Unha parte deste ataque estatal é o recente proxecto de lei pola reforma do código penitenciario. Un proxecto de lei que busca empiorar ainda máis as xa miserables condicións de encerro. Unha lei que está criando un cárcere dentro do cárcere, con restriccións de saídas da prisión, con a limitación das comunicacións e das visitas axs presxs, promovendo e premiando axs acusicxs, con máis e máis pesadas penas, con a imposición de torturas psicolóxicas e físicas.
Ao mesmo tempo, tanto dentro como afora dos cárceres están a levarse a cabo luitas en contra deste novo réximen de encerro e das condicións especiais de detención. Tratase de momentos de negación e combate contra o monopolio do Poder por parte do Estado.
Pola nosa parte, buscando conectarnos con estas luitas en solidariedade con xs prisioneirxs, contribuimos ao noso xeito na agudización da guerra social e de clase. En Primeiro de Maio, de madrugada, saboteamos os seguintes caixeiros automáticos de sucursais bancarias en varios barrios de Atenas:
Nota de Abordaxe:- Segue unha listaxe de ata 66 caixeiros distribuídos por barrios (se tendes interés podedes miralos no enlace de referencia de ContraInfo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario