O nadal, esas festas entrañables repletas de cousas que nunca cambian: os mazapáns e o turrón, o discurso do rei, o anuncio do calvorota da lotaría... e máis as multas pola Marcha á Prisión de Teixeiro.
E este ano non ía ser menos, os simpáticos muchachos da subdelegación do goberno, en feliz conivencia cos seus amigos os picolos, fieis á tradición e aos bos costumes, non se puideron conter de repartir a súa sempiterna porción de sancións administrativas. Polo de agora van tres, que nós saibamos (deste ano, claro, porque se sumamos todos xa nin se sabe), aínda que coñecendo o delegado do goberno e os seus secuaces vai ti a saber se non haberá por aí outras das que non nos decatamos.
A máis cuantiosa, de 301 euros, é contra un manifestantes, curiosamente saido pouco tempo antes do penal contra o que se dirixía a protesta, por vulneración do apartado 23 h da lei do 1992 de protección da seguridade cidadá: uséase por "a provocación de reaccións no público que alteren ou poidan alterar a seguridade cidadá". Segundo a picoletada o compañeiro tratou de "incitar contra os axentes" aos manifestantes, pero ante a estoica actitude "Zen" dos nosos verdosos custodios, que non se deixaron provocar polos alborotadores, non chegou o sangue ao río e a cousa quedouse en nada. Cual é o porqué entón da multa? Como é que se sanciona unha acción sen consecuencias de ningún tipo? En que provas basean unha acusación tan gratuita? Grandes incógnitas da vida.
Os outros dous sancionados, neste caso coa menos cuantiosa cifra de 150 eurillos por barba, están acusados de vulnerar o artigo 26i da mesma lei orgánica (que moito nos toca os órganos, dito sexa de paso), a saber: "Alterar a seguridade colectiva ou orixinar desordes nas vías, espazos ou establecementos públicos". Ao parecer os picoletos acúsanos de lanzar foguetes pirotécnicos contra o Centro Penitenciario (tamén chamado talego, na linguaxe do común dos mortais). Pero como non ten desperdicio, colgamos aquí unha copia da acta de denuncia dos uniformados:
Xa non lle deixan a un nin ir ao monte a "botar uns fojetes".
Desgraciadamente semella que algunha que outra persoa vai recibir tamén sorpresita dos rapaces de Samuel Juarez.
Con todo, parece que este foi un dos anos menos represivos, polo menos se o comparamos cos anteriores. Vese que lles fode, pero xa van XIV Marchas á Prisión de Teixeiro e por moito que o intenten non van parar a nosa solidariedade.
Os cárceres son centros de exterminio!
Abaixo os Muros de todas as Prisións!!!
C.R.
28 may 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Practicando sexo , e non estaban fumando por que aínda estaban nos preliminares. jajajjaja
ResponderEliminar