15 abr 2014

[Vigo] Sábado 19 as 20:00' .- Palestra "Transxénicos en Arxentina, experimento global e resistencia local" no CS A Cova dos Ratos

Recibimos esta convocatoria de GAS (Grupo de Axitación Social), á que lle damos pulo:

Organizada por Verdegaia e GAS, este sábado 19 ás 20:00h na Cova dos Ratos (r/Romil,3 VIGO) contaremos con Lucía Maina (Periodista-comunicadora social, difusora da loita contra este monocultivo e os agroquímicos) que dará a palestra: “Arxentina é o terceiro productor mundial de transxénicos, estes cultivos ocupan alí 24 millóns de hectáreas, o 60% da superficie cultivada”.

Na palestra afondarase na Produción de transxénicos na Arxentina que é o terceiro país produtor de transxénicos a nivel mundial, o denominado “boom da soia” iniciado na década dos ́90 converteu o seu territorio e a súa poboación no gran experimento do modelo agro-industrial .

Dúas décadas despois da súa implantación, as consecuencias deste modelo produtivo comezaron a facerse evidentes, sumindo a Arxentina nunha situación socio ambiental crítica en amplos territorios e despertando o mesmo tempo a resistencia da poboación fronte o avance do extractivismo.

Máis información neste enlace de GAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario