10 abr. 2014

[Vigo] Sábado 12 as 14:30' Xantar Pro-Presxs en Solidariedade con "As 15 de Arteixo" no CSA "A Cova dos Ratos"

Colamos esta convocatoria solidaria que recibimos do Grupo de Apoio de Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura:

Adiántase o comedor vigués en apoio aos presxs en loita ao Sábado 12 de Abril, a partir das 14,30 na Cova Dos Ratos (Rua Romil Nº3, baixo).

Queremos dedicar o comedor a Nais Contra A Impunidade, destinando os ingresos aos gastos do proceso "As 15 de Arteixo" (mais info aqui).

Ao finalizar o comedor explicarase brevemente en que consiste o proceso "As 15 de Arteixo".

Todo o noso cariño e a nosa solidariedade para as nais en loita.
Unión, Acción, Autoxestión
Cárceres Demolición!


Grupo de Apoio Gz.Sur, Campaña Carcere=Tortura

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada