16 abr. 2014

Novo Boletín Informativo da Campaña Cárcere=Tortura de Marzo 2014

Recollemos da web da Campaña:

Descargade acá o Boletín de marzo 2014 (en castelán). Colamos a Editorial (traducida):

Saúde a todxs

Antes que nada, dar ánimo a todas aquelas persoas que lean isto e teñan un familiar, compañeirx ou amigx encerradx. Sabemos que o castigo non só o sofre quen paga a condena, senón tamén toda a xente á que quere. Por iso esta publicación tamén é para vós.

Con motivo deste número especial do boletín da campaña CÁRCEL=TORTURA, queremos aproveitar para compartir convosco unha valoración, dende fóra, destes dous anos e medio de andaina. Sendo a nosa intención habitual con esta publicación dar voz as de dentro, queremos hoxe, sen abandonar esa idea, falar un pouco por nós mesmxs, a parte da campaña que está na rúa. Para iso valla esta editorial.

Como xa sabedes, esta iniciativa parte dunha asemblea permanente de presxs en loita as que dende fóra lles facilitamos unha coordinación que doutro xeito sería aínda máis difícil. Ese é un dos obxectivos que nos formulamos dende o principio, o outro é darlle a máxima difusión posible no exterior para unha chamada á solidariedade. A coordinación interna, así como a asistencia letrada, foise cumprindo progresivamente e a día de hoxe mantense de xeito aceptable, sobre todo tendo en conta as habituais trabas coas que se encontran xs compas: intervención de correo, traslados, illamento, agresións... En canto á parte externa, a difusión e a solidariedade, aínda facendo unha valoración positiva dos logros, non podemos deixar de ser críticxs, pois estamos aínda lonxe dun escenario desexable de loita na rúa en solidariedade cxs presxs e contra os cárceres.

Cónstanos polos berros que escoitamos detrás dos muros nas marchas, polas cartas que recibimos ou polas palabras que compartimos nas visitas, que xs presxs aprecian cada un dos xestos e accións que se levan a cabo. Non obstante estes son de todo insuficientes tendo en conta o que se xogan dentro aquelxs que asumen un compromiso. Parece coma se xs que estamos fóra non acabásemos de decatarnos do preto que está calquera, que non teña un montón de diñeiro, de rematar no talego.

A loita contra os cárceres é a loita pola liberdade de todxs e as reivindicacións que se fan dende os talegos son tan elementais que non cabe desentenderse. Seguramente hai cousas que debamos mellorar, como a comunicación e a coordinación fóra, e niso estamos, pero tamén hai bastante máis traballo avanzado do que había ao principio.

Así pois, valoramos positivamente que despois de anos de ausencia se puidese restablecer unha coordinación a nivel estatal de grupos de apoio e anticarcerarios. Que pouco a pouco son máis os colectivos e persoas as que van contactando a través dos boletíns, charlas ou a web; que vai rompendo o cerco de silencio en torno ao que pasa nas prisións. En definitiva, o discurso de crítica ao cárcere está máis presente e con máis frontes abertas, como o dos CIEs e os centros de menores, algo imposible sen o traballo doutros grupos.

A mobilización da primavera de 2013, en torno ao xuízo aos carcereiros torturadores do motín de 2004 en Quatre Camins, tivo o seu eco en todo o estado e foi unha boa posta a punto de coordinación. As circunstancias actuais esixen reactivar esas redes de solidariedade.

A morte en prisión recentemente de dous compañeiros; un iniciador da campaña, «Orka», no cárcere de Aranjuez e o outro, Arkaitz, en Porto I, preso vasco que denunciara torturas en Morón, non poden caer na fría indiferenza da resignación.

A folga de fame que iniciou o 10 de xaneiro Luis Miguel Mingorance en Souto do Real, que deixou recentemente por problemas de saúde tras 30 días, e a que igualmente abandonou polo mesmo motivo tras 36 días, dende o día 14 de xaneiro, Antúnez Becerra en Brians II, non deixa dúbida de que nos cárceres segue habendo xente disposta a pelexar. Un número por determinar de presxs segue adiante coa campaña, e agora mesmo estase a xerar un debate dentro sobre como continuar coa loita.

Neste boletín encontraredes información máis detallada do que está a pasar, así como puntos de contactos para que vos sumedes ou nos contedes o que estades a facer e darlle a máxima difusión posible.

Esperando que nos encontremos polo camiño...

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada