19 abr. 2014

[Lugo] Sábado 26 a partir das 19 h .- 1º Aniversario do Ateneo Libertario A Engranaxe

As compas de "A Engranaxe" envían saudos e este convite a participar das actividades programadas o vindeiro sábado 26 co gallo do seu primeiro aniversario:

No mes de abril do pasado ano, comezamos un novo proxecto na cidade, concretamente no barrio de Paradai. Decidimos facelo para promover a cultura e o coñecemento, tentando de ser asi todos e todas, persoas libre-pensadoras, e escollimos esta zona por seres un barrio onde a clase traballadora non ten mais espazo que bares e un parque olvidado no abandono.

Queremos dende aquí dar a coñecer o pensamento libertario, practicando o apoio mutuo, a autoxestión e a acción directa, como ferramenta cara a emancipación dos individuos.

Entre organizar a biblioteca, talleres, presentacións e outras andainas, o tempo foi pasando e cando nos quixemos dar conta, xa toca celebrar o primer aniversario do Ateneo.

Este espazo pretende ser unha ferramenta para todos e todas onde por en pratica o auto aprendizaxe, onde podamos aprender xuntos e xuntas, dende o traballo en equipo, horizontal e sen xerarquias, e con organización asamblearia.

Son moitas as actividades que neste ano se fixeron: charlas e debates, grupos de estudos, proxeccións, exposicións, presentacións de libros... e as que quedan por vir.

Queremos convidarvos a tódalas persoas, asociacións e colectivos que apoiastes este proxecto ou colaborastes directa ou indirectamente con el ó noso primeiro aniversario.

O programa e o seguinte:

*19:00 -Contacontos
*20:00 -Pinchiños
*20:30 -Valoración: un ano de loita
*21:00 -Recital de poesía: Montse, Rachel, Carmen Blanco e Claudio Rodriguez Fer.
*22:00 -Concerto: Silvia
*Para rematar: foliada con Madia Leva!!

A festa será o sábado 26 de Abril. A partir das 19h. Actividades de balde e para toda a familia. Animádevos!!!!!

Gracias e saúde!


*Enderezo: rúa/ Río Sil Nº 52

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada