Difundimos a convocatoria dunha concentración solidaria cos detidos do 22M prevista para o vindeiro xoves día 10, ás 20:00h, no Obelisco da Coruña. A iniciativa da protesta parte de diversos colectivos sociais da cidade e pretende respostar as novas detencións de activistas do venres pasado, no marco da operación "Puma 70", polos disturbios da Marcha da Dignidade do 22M.
Cabe sinalar que esta e a segunda concentración solidaria celebrada na cidade, pois o xoves 27 xa se realizara outra en solidariedade coa primeira tanda de detid@s. Como non informamos daquela volta, deixamos aquí unha foto:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario