22 abr 2014

22-M .- A Policía presentará mañán no congreso español probas que culpan dos incidentes a anarquistas insurrecionalistas

Segundo vimos de saber por GaliciaConfidencial e axencias (que receben información de primeira man da policía), mañán na comparecencia no congreso a petición de sindicatos e da chamada oposición, o director xeral da policia española, Ignacio Cosidó, descartará a presencia nos "incidentes" de integrantes de Resistencia Galega, e segundo informes, que xa obran en poder da Fiscalía da Audiencia Nacional, sinalase como responsables dos disturbios a grupos de carácter anarquista insurrecionalista (AI) que actúan de forma organizada.

Segundo estas fontes, terían sido detectados no 22M polos expertos da policía en "movimentos radicais" e gardarían un perfil similar con o Comando Insurreccionalista Mateo Morral.

Estas e outras cuestións serán as que explicará mañán mércoles dende as 11.00 horas o Ignacio Cosidó.

Seguiremos informando...

Noticía redactada x eDu segundo fontes policiais recollidas na rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario