Colamos este video da charla dun activista de Salhaketa, organización que leva máis de 3 décadas luitando pola abolición das prisións e pola defensa dos direitos humanos ante a represión e a privación da liberdade.
Consideramos interesante estes coñecementos dos nosos "supostos direitos" ante unha detención e/ou retención policial (moi diferentes situacións con diferentes actuacións posíbeis que moitas descoñecemos, como o direito a facer cantas chamadas queiras con o teu telefone celular se só estás "retida" ou o direito que asiste a polícia a pasar de ti polo tempo que queiran entanto non estexas "detida"). Dentre todas elas facemos fincapé na prevención de levar a identificación enriba (para evitar estar retida o tempo que queira a policía), ter un avogado de confianza de man (do que só precisamos dar nome e apelido, nen nº de colexiado nen telefone particular) e o direito a solicitar un médico forense (pese a que aínda non levaras nengún maltrato tes direito a solicitalo como medida preventiva, argumentando p.e. ter unha situación de estrés a consecuencia da detención) e, por suposto, a non declarar na túa contra (ou sexa a mentir). Tambén podedes descarregar o texto en pdf (ou lelo) neste enlace do que colamos o seu Índice temático:
1.- A retención
2.- A detención
2.a ¿Cánto pode durar a detención?
2.b ¿Cales son os direitos do detido?
3.- Ficheiros policiais: ADN, Antecedentes Penais e pegadas.
4.- Cacheos e controis superficiais, rexistro de veículos
5.- Rexistros domiciliarios
6.- Se te chama a policía para que vaias a comisaría a aclarar algo
7.- O Habeas Corpus
8.- Malos tratos: Como facer unha denuncia
9.- Notas sobre o proceso penal relacionado con a túa detención
9.a ¿Qué é a prisión preventiva?
9.b ¿Cómo tramito que se me conceda o avogado de oficio?
9.c ¿Qué son os xuicios rápidos?
10.-Outras medidas que pode tomar o xulgado de garda
21 mar 2014
Video de Sahalketa: Coñece os teus direitos ante unha detención e intervención xudicial
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario