31 mar 2014

[Venezuela] O Chavismo de Maduro - O mellor monicreque do Ímperio

Colamos do blogue venezolano "SocialDemencia" este artigo de opinión asinado por Víctor Camacho onde analisa ese dito "moi á lixeira" de que os ianquies pretenden inxerir na política venezolana para roubarlles o petroleo, cando a realidade é que xa teñen muito poder sobre ese petroleo, sobretodo grazas á proliferación de empresas transnacionais de capital mixto onde grandes emporios do petroleo, muitos deles ianquies, coparticipan con a empresa pública venezolana do petroleo PDVSA; e non só nas petroleiras hai empresas mixtas, tambén existen en materia agrícola, industrial, automotriz e tecnolóxica con muitas oturas grandes transnacionais, o que leva ao Víctor Camacho a concluir con que o mellor goberno monicreque para os gringos é aquel que responde aos seus intereses con o apoio popular do país saqueado. Colamos traducido o artigo:

Dise moi doadamente que a actual situación de Venezuela é unha inxerencia dos EEUU para roubar o petróleo, pero a verdade é que EEUU xa ten poder sobre o petróleo venezolano e non só non lle interesa desestabilizar a Venezuela, senón que non lle convén.

O verbo incendiario contra EEUU do goberno venezolano non pasa máis alá diso, dado que nos feitos hai moitos negocios e cooperación coas transnacionais norteamericanas e entre outras potencias, en especial en materia petroleira. A figura preferida é a das empresas mixtas (empresa resultante de capitais públicos e privados), entre as que destacan (1):

Petroboscán, S.A.= PDVSA + Chevron (EE.UU.)
Petroregional del Lago, S.A.= PDVSA + Shell (Reino Unido-Países Baixos)
Petroquiriquire, S.A. = PDVSA + Repsol (España)
Petrodelta, S.A. = PDVSA + Harvest-Vinccler (EE.UU.)
Petroindependiente, S.A. = PDVSA + Chevron (EE.UU.)
Petrolera Sino-Venezolana, S.A. = PDVSA + CNPC (China)
Baripetrol, S.A. = PDVSA + TECPETROL(Arxentina)+ LUNDIN(Suecia)+ PERENCO(R.Unido-Francia)
Boquerón, S.A. = PDVSA + TNK-BP (Rusia)
Petroperijá, S.A. = PDVSA + TNK-BP (Rusia)
Petrowarao, S.A. = PDVSA + PERENCO (Reino Unido-Francia)
Petrocumarebo, S.A. = PDVSA + VINCCLER (EE.UU.)
Petroguárico, S.A. = PDVSA + INPEX (Xapón)
Petronado, S.A. = PDVSA + CGC (Arxentina) + BPE (Ecuador) + KNOC (Corea do Sur)
Petrowayu, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) + WILLIAMS (EE.UU.)
Petroven-Bras, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) + COROIL (Francia)
Petrokariña, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) (2)

E iso só por mencionar algunhas e exclusivamente en materia petroleira, pois tamén hai empresas mixtas e cooperación en materia agrícola, industrial, automotora e tecnolóxica con moitas outras grandes transnacionais. Inclusive, executivos da petroleira Chevron dixeron sentirse moi orgullosos de ser socios de PDVSA(3), e por conseguinte, da Revolución. Dese modo, veremos que EEUU xa ten pleno acceso ao petróleo venezolano e os seus mercados e non necesita de ningún outro tipo de inxerencia para logralo. Ademais, problemas na produción petroleira levou a unha insuficiente subministración de gasolina para o consumo interno(4), polo que o goberno se viu na necesidade de importar gasolina, especialmente dos EEUU. Isto non só pon en risco a independencia enerxética, senón que nos devolve aos períodos da 4ª República en que eramos exportadores de materias primas e importadores de produtos procesados ou refinados. O ambiente economicamente hostil de Venezuela, con alta inflación, control cambiario, pesadas regulacións, beneficia ás grandes compañías que poden compensar eses obstáculos, ao mesmo tempo que evita que elas teñan que competir con novas empresas. De feito, as grandes transnacionais xa establecidas no país, a pesar do verbo anti-empresarial do goberno, queren permanecer en Venezuela dado que as ganancias son exorbitantes a pesar do riesgo(5). Así se demostra que Venezuela non representa ningún rompemento co capitalismo internacional, senón un afondamento enmascarado deste.

Doutro lado, a tese dun EEUU famento de petróleo estranxeiro xa non é tan válida como antes. Dende a chegada do goberno de Obama, EEUU ten dado grandes pasos cara a unha política de independencia enerxética, a cal foi bastante agresiva. De aí a alegría dos gringos polo desxeo do Ártico (con posibles fontes de hidrocarburos baixo mar xeado), a explotación de xisto e o desvastador fracking. Mesmo Obama, antes do desastre no Golfo de México pola plataforma Deepwater Horizon, fora un gran promotor da explotación petroleira en augas profundas. Despois do desastre ambiental, quizais viu que isto daría mala publicidade. O gran punto é que EEUU vai camiño á autosuficiencia enerxética (6) e, moi posiblemente, nos próximos anos convértase en exportador de petróleo, competindo cos seus actuais vendedores(7).

Ata ese día, a EEUU non convenlle unha situación de desestabilización en Venezuela, dado que iso adoita vir acompañado con fallas na subministración e máis altos prezos do barril. O goberno venezolano, de Chávez a Maduro, representan o mantemento do status quo, dado que son as súas accións e non o seu discurso o que importa aos EEUU. Mesmo, o goberno venezolano é efectivo contra a disidencia, non só en contra da oposición, senón contra os mesmos movementos sociais que reivindican os dereitos ambientais, laborais e indíxenas, criminalizándoos e acusándoos de traidores e de traballar para as oligarquías. Este descrédito a calquera loita social que non estea acorde cos intereses do Estado, adoita beneficiar ás transnacionais, de calquera industria e país.

Moitos chavistas e esquerdistas din que non queren un goberno monicreque dos EUA, pero o mellor goberno monicreque para os gringos é aquel que responde aos seus intereses co apoio popular do país saqueado. Un goberno monicreque que un pobo enganado manterá no poder.

Notas:

1) Lista publicada en la página web de PDVSA: http://www.pdvsa.com/index.php?tpl=interface.sp/design/readmenu.tpl.html&newsid_obj_id=7565&newsid_temas=97
2) Con información de la Asociación Venezolana de Hidrocarburos: http://www.avhi.org/convenios07.htm
3) Chevron orgullosa de poder ser socia de Pdvsa en la Faja del Orinoco: http://www.aporrea.org/energia/n244082.html
4) Se dispararon 138% las importaciones de derivados petroleros: http://www.eluniversal.com/economia/130629/se-dispararon-138-las-importaciones-de-derivados-petroleros
5) ¿Por qué las multinacionales no se van de Venezuela? http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2014/02/140205_venezuela_economia_transnacionales_dp.shtml
6) EE.UU., próximo a la autosuficiencia energética http://www.aporrea.org/internacionales/a158227.html
7) EE.UU. sería el primer productor mundial de petróleo en 2017: http://www.lanacion.com.ar/1525813-eeuu-seria-el-primer-productor-mundial-de-petroleo-en-2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario