Colamos, unha vez traducida, esta información recollida na web da Federación de Grupos de Cruz Negra Anarquista (península ibérica e illas):
Grazas a un xornal burgués do ultracapitalista grupo Prisa soubemos que o consello de ministros do día 28 de febreiro aprobou a concesión dunha ducia de indultos. A vicepresidente do goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, non informou deles e a Moncloa tampouco os incluíu na referencia que facilita tras a reunión dos venres dos compoñentes do ejecutivo.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o indulto de Tamara Hernández, unha anarquista condenada en 2011 pola audiencia provincial de Barcelona a oito anos de cárcere como autora dun "delito de asasinato en grao de tentativa". Hernández enviara unha carta con sorpresa ao ex responsable de servizos penitenciarios da Generalitat, Albert Batlle, como medida de protesta e para reclamar a liberdade do preso anarquista, Amadeu Casellas, quen estivo máis de 25 anos en prisión, e mantivo unha dura loita pola súa legal excarceración, con folgas de fame brutais incluídas.
O envío da carta produciuse en outubro de 2009, cando Hernández, que entón tiña 25 anos, se dirixiu a unha oficina de correos de Alcalá de Henares, e enviou a bomba dirixida ao domicilio profesional de Albert Batlle Bastardas. O paquete foi recibido na sede de prisións e foi desactivado polos Tedax.
A concesión da medida de graza conmmuta a pena de oito por dous, o que evitará que a condenada entre en prisión. Tamara Hernández ingresara, de xeito voluntario, no cárcere, onde se pasou duros meses. Antes de que se celebrase o xuízo, aceptou a condena de oito anos de prisión.
O indulto foi concedido no consello de ministros do pasado 28 de febreiro. Fontes de xustiza sinalaron que o ministerio tivo en conta que a entón non pertencente ao grupo "Cruz Negra" (malia que estado e prensa burguesa se empeñen en dicir o contrario... Non nos avergonzaríanos, nin moito menos, se tivese estado na altura con nós, pero é que nesa época non o estaba, simplemente... ás veces os listados ilegais nos que nos inclúen están un pouco desfasados -e inventados-, sentímolo Brigada de información da nazional, C.N.I. e demais "patriotas pistoleir@s democraticamente armados") non ten antecedentes penais, que o prexudicado non se opuxo á súa concesión e que os informes da sala e do ministerio fiscal son favorables. Non en todas as ocasións o ministerio se atén ao que ditan estes escritos.
As mesmas fontes indicaron que os devanditos informes sinalan que a penada, que agora ten 30 anos, se encontra completamente reinserida na sociedade, que realiza unha vida persoal, familiar e laboral completamente normalizada e que existen razóns de xustiza, equidade e utilidade pública para conceder a graza.
Non obstante, segundo fontes policiais, a noticia do indulto a esta anarquista provocou receo entre os axentes. Un saúdo a est@s "axentes"... non esquecemos nin a unha soa das vosas vítimas de agresións, ameazas, torturas e asasinatos.
20 mar 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario