Recibimos na nosa caixa de correos o segundo número da publicación "Libres y Salvajes", un berro contra a tecnoloxía e o sistema de dominación. A revista é gratuita e convidan a que, se desexas distribuila na túa zona, te poñas en contacto con elxs en blogmoai@gmail.com. Podes aceder a ela neste enlace
No seu índice contan que: "Como xa explicáramos no número anterior, a idea desta revista é criar un lugar de encontro e debate sobre a tecnoloxía e as súas implicacións sociais dende unha óptica anarquista, pero a verdade é que case todos os artigos foron escritos ou traducidos polos membros do colectivo. O único artigo que recebimos foi o de García Olivo, a quen agradecemos a súa colaboración e esperamos que, no futuro, se anime máis xente e conseguir criar un amplo debate sobre estratexia e acción con respeito ao sistema tecno industrial". Colamos de seguido o Índice e o resto da editorial deste nº 2 desta mopi interesante revista feita entre compas de Zaragoza, Málaga e Barcelona, que tambén editan o Boletín MOAI sobre o Control Biolóxico, Tecnolóxico e Social, publicacións que podedes atopar para a súa leitura e descarga no seu blogue.
La civilización es ruido
La defensa de la Tierra y “el Bergantes no se toca”
Sindicalismo, ecología y feminismo. La visión de Judi Bari (Jeff Shantz)
Pedir, robar, nunca trabajar. Quinismo del siglo XXI (Pedro Garcia Olivo)
Resistentes al primer ferrocarril.- Los ludditas de la tierra
Caracremada , el maquis que dinamitaba las torres de alta tensión
Botánica recreativa: el tejo
Los chicos malos de la casa del árbol. El Green Sacre (The Brillant)
Superando el turismo. (Hakim Bey)
El trabajo en la edad media. (Samuel R)
Editorial:
Un ano despois volvemos, o cal quere decir que, de momento, somos quen de manter a nosa periodicidade. Este ano foi importante para o desenvolvimento tecno-industrial en España e no mundo. Google presentou en sociedade os seus goolge glasses, aínda que, de momento, non os comercializará por non poder garantir a privacidade dos dados (a liberdade morreu hai tempo e no seu lugar nos deixaran un triste substitutivo denominado privacidade), Pescanova afundiuse en Sudamérica despois de apostar todo canto tiña á transxenia animal, comenzamos a familiarizarnos con os drons, algo “positivo” dado que, dentro de non demasiado tempo, serán os encargados de velar pola nosa “seguridade”, Europa decidiu seguir o camiño dos Estados Unidos e destruir os seus propios acuíferos para obter gas de esquistos e como sempre, nos seus confortables laboratorios, científicos e executivos, seguiron desenvolvendo a nova tecnoloxía que mañán intentarán impoñernos polo noso ben.
Pero non todo foi malo neste ano, un grupo do colectivo viaxamos a Vall di Susa en Italia para ver como un movimento local, con as súas luces e as súas sombras, é quen de parar unha gran infraestructura como o tren de alta velocidade europeo entre Francia e Italia e xa levan máis de 20 anos na luita, todo un exemplo para o resto. Na distancia, apoiamos á xente que en Girona enfrontase á Liña de Moi Alta Tensión (MAT) que unirá España e Francia para intentar criar unha autovía eléctrica mediterránea onde vender o sobrante das centrais nucleares galas arrasando ao seu paso con todo. Tambén nos implicamos na luita contra o Fracking, que empeza a tomar cada vez máis forza, e que se vai expandindo, dende Cantabria e Burgos a Euskadi, Catalunya, Zaragoza, Teruel, etc. Esperemos que en todos aqueles lugares onde hai un permiso concedido ou simplemente pedido, a poboación ergase para parar esta nova tropelía tecnoentusiasta que parece empeñada en destruir toda a vida sobre a terra. Neste número da revista atoparás artigos sobre algúns distos temas, dos que esperemos que gostes e te fagan reflexionar sobre a sociedade actual e a súa dependencia con a tecnoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario