4 mar. 2014

Impresionante Video: 4 anos de servidume no bispado de Ourense

Colamos de AvantarVideos



Estarrecedor testemuño dun traballador migrante que, con unha claridade de ideas e unha facilidade de palabra á hora de expresarse, conta como, despois de 4 anos sometido a duras xornadas laborais de até 13 e 14 horas no Bispado de Ourense, chegou a denunciar a súa situación coa axuda da CIG.

Xornadas abusivas, insultos racistas, obrigas indignas, escravitude..., "jamás voy yo a entender esto".

Esta é a igrexa que di defender a vida!!

O acto de conciliación polo despedimento celebrouse sen acordo, polo que está previsto que a finais de mes teña lugar o xuízo. Dende a CIG censuran que o afectado recibiu chamadas ameazantes dende a Diocese nas que lle esixían que retirase a demanda "porque senón non ía volver traballar en Ourense".

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada