13 mar 2014

[$hile] Xornada de Axitación Solidaria Internacionalista do 14 ao 25 de Marzo do 2014 ante o xuízo contra os compañeiros Freddy, Marcelo e Juan polo Caso Security

Dende mañán venres 14 ata o martes 25 deste mes de marzo (data do xuízo), convocanse estas Xornadas Internacionais de Axitación Solidaria, das que colamos o seu Comunicado , onde se explica toda a traxectoria deste caso, e que recollimos (e traducimos) do seu blogue criado ex profeso:

"Porque ningunha cadea será perpetua, e ningún cárcere de "alta seguridade" -Claudia López

Un asalto, un policía morto e as campañas de exterminio

"Ás veces sae caro defender os ricos" - Alexander M. Jacob.

O 18 de outubro de 2007 prodúcese un asalto a unha entidade bancaria situada en pleno centro de Santiago, o Banco Security. Carabineros pecha o perímetro da sucursal co obxectivo de dar cos participantes no feito. Así nun control a unha motocicleta, prodúcese un enfrontamento armado e Luis Moyano, cabo de Carabineros, cae morto no lugar. Outro funcionario policial resulta ferido.

Santiago Centro convulsiónase e a cazaría desátase en vinganza. O Departamento de intelixencia de Carabineiros fai un rápido balance da orquestración táctica do atraco, caracterización dos participantes, tipo de armamento e repregamento. Tras rápidas análises lanzan a sentenza: os autores son ex-membros dun grupo subversivo.

Cunha poderosa campaña mediática o caso difúndese rapidamente, prestando declaración ante a prensa tanto a viúva coma os fillos do cabo Moyano. As honras oficiais envolven a figura do carabineiro e as ameazas contra os participantes no asalto van difundíndose sen maior disimulo.

En cousa dun mes é detido un dos presuntos participantes no atraco. Tres días despois da detención entrega os nomes e fotografías dos supostos membros do grupo. Este testemuño, construído dende, para e polas armazóns do poder, é bendicido cunha validez total, transformándose en proba irrefutable ante a sociedade.

Os rostros de Freddy Fuentevilla, Juan Aliste, Marcelo Villarroel e Carlos Gutiérrez Quiduleo son expostos e analizados pola prensa, fálase de peritos biométricos e análises criminolóxicas de maior nivel.

A policía fai circular teléfonos onde chamar para entregar información, ínstase a poboación a delatar calquera movemento ou aparición dos xa declarados culpables. Lánzanse ameazas pola prensa e a mensaxe entre liñas é clara: quérenos mortos.

Prodúcense rexistros nos domicilios dos compañeiros, dos familiares e parellas. Pero nin rastro deles. O cerco policial esténdese pero non logra encerralos. A consigna lanzada polo poder queda establecida, os compañeiros non sobrevivirán se son encontrados.

Ordes de captura: Cara a quen van?

"Eliximos o peso das nosas eleccións e non temos a intención de abrandar as nosas decisións". -Conspiración de Células do Lume.

A lista de nomes e fotografías mostradas polos voceiros do poder como partícipes do asalto ao banco, busca fortalecer o imaxinario de "delincuente ex-subversivo". Eliminar calquera motivación de loita, illalos politicamente de ámbitos de combate e situalos marxinados e sen continuidade histórica ningunha.

Pero os compañeiros non só teñen pasado de loita, senón tamén presente e por certo futuro. Os 4 sindicados como partícipes no asalto ao banco son activos rebeldes que mantiveron o combate e enfrontamento durante a transición democrática, sen facer distinción ante o cambio de roupaxes -de uniformes a custosos traxes- á hora de exercer a autoridade e administrar o Estado/Cárcere/Capital.

Coas súas particularidades e subxectividades, cada compañeiro achega a un flanco da loita articulándose así distintas realidades. Como eles mesmos defínense:

- Freddy Fuentevilla: ex militante do MIR, activo anticapitalista autónomo.

- Carlos Gutierrez Quiduleo: ex militante lautarino, activo Weichafe.

- Juan Aliste: ex lautarino, activo anticapitalista subversivo.

- Marcelo Villarroel: ex lautarino, subversivo autónomo e libertario

Presente en mil instancias, os compañeiros asumen a clandestinidade ante as ameazas de morte lanzada polos voceiros do poder e unha cazaría desatada por parte das forzas de seguridade que orquestraban o escenario perfecto para buscar a súa aniquilación física e lexitimar o exterminio de revolucionarios.

Freddy e Marcelo son detidos en Arxentina o 15 de Marzo de 2008, sendo procesados e encarcerados por porte de arma de fogo, coñecendo as prisións arxentinas. Sometidos a rexímenes de castigos e illamentos demenciais, con longos períodos de encerro revertidos coa continua resistencia manifestada en combate cotián e milimétrico á loucura de vivir sen luz natural, nin artificial, nin patio onde camiñar... Xerando a figura do illamento dentro do illamento por razóns de seguridade, que é o que posteriormente continúa en Chile, pero validado no réxime de Máxima Seguridade invisibilizado dentro do que xeralmente se coñece como Cárcere de Alta Seguridade.

Cando os compañeiros cumpren a metade da condena son expulsados a Chile. Pola súa banda Juan é detido, tamén en Arxentina o 9 de xullo de 2010 e é expulsado inmediatamente, deixado en bandexa ante a xustiza chilena.

Carlos, consegue manterse prófugo ata ser detido en territorio mapuche o 28 de novembro de 2013.

Cada compañeiro mantense firme nas opcións de vida elixida, nas decisións de combate fortalecidas polos anos e trazadas polas innumerables vivencias da dureza da represión pero tamén da alegría e o amor en revolta. Rexeitar os valores do poder e a servil monotonía non é unha decisión pasaxeira ou momentánea, senón unha inquebrantable continuidade.

Labirintos xudiciais dun aniquilamento burocrático.

"A miña detención revela os temores ao fantasma da resistencia. A miña detención resulta da vontade de aniquilar todo rastro de alternativa radical á verborrea hemipléxica e ás comedias de ruptura co sistema e os seus suplicios. A pesar de todo, a loita continúa". -Jean Marc Roullian.

A colaboración dos Estados Chileno-Arxentino para lograr a captura de Freddy, Marcelo e Juan, reflota o plan antisubversivo coñecido como Operación Cóndor, implementado polas ditaduras en Latinoamérica.

Así entón coa chegada de Freddy e Marcelo aos cárceres chilenos o proceso xudicial se inicia, esta vez, enmarcado na xustiza militar a cargo do funesto fiscal Reveco, recoñecido compañeiro de torturadores e linchamentos xurídicos en ditadura. Unha vez detido Juan e expulsado a Chile, o compañeiro é sumado á mesma investigación que Freddy e Marcelo, todos baixo fiscalía militar.

No ámbito carcerario Juan, Freddy e Marcelo permanecen separados nos 3 módulos con que conta o Cárcere de Alta Seguridade, as restricións por parte da administración carceraria son continuas, con incesantes rexistros das súas celas, así como o fustrigamento ás súas familias e compañeirxs.

O ano 2010, mediante mobilizacións e folgas de fame de prisioneiros políticos mapuche conséguese modificar a xurisdición para que ningún civil sexa xulgado por tribunais militares. Este cambio á arquitectura do poder fixo que o proceso polo Caso Security sexa levado do circo xudicial ao civil, con novos prazos, fiscais e disposicións.

Para o poder e o dominio, o proceso xudicial era un escenario non contemplado, porque en estrito rigor se perseguía e instaba ao aniquilamento físico dos compañeiros, ata ese momento prófugos.

Tras ser detidos, as balas policiais quedaban intactas nas recámaras das pistolas, listas para ser descargadas contra outros revolucionarios, neste caso non foron disparadas para vingar o seu "compañeiro de armas", o cabo Moyano... entón o asunto poñíase pesado. Se non os exterminaban coa brutalidade acostumada do aniquilamento físico, pois tiñan que ser golpeados baixo quilos de carpetas investigativas e absurdos xudiciais, sepultados baixo murallas de burocracia legal e asfixiados con procedementos sen sentido.

Neste escenario desenvólvese toda unha armazón legal/xurídica que continuamente cruza os seus propios límites e esvaece as súas normas. Juan, Marcelo e Freddy cumpriron a prisión preventiva máis longa de Chile baixo a nova reforma procesual penal, con máis de 4 anos nos cárceres sen recibir condena algunha. Pola súa banda a fiscalía conseguiu anular e realizar en dúas ocasións a "preparación de xuízo" e estender limites ata o infinito.

Aquí non falamos de prazos xustos ou respecto a tratados, falamos e evidenciamos a brutalidade do domino e a necesidade que teñen de afogar no esquecemento os compañeiros, encerrados nas trampas e o labirinto da pantomima xudicial.

No medio deste proceso, o 28 de novembro de 2013, o compañeiro Carlos Gutiérrez Quiduleo, ata o momento clandestino, é detido polas forzas represivas. Tras ser capturado é levado á Sección de Máxima Seguridade do Cárcere de Alta Seguridade cun réxime de illamento. O seu proceso xudicial queda independente e en paralelo ao de Juan, Marcelo e Freddy. Así o compañeiro Carlos permanece baixo investigación e en prisión preventiva aínda sen ter data para o seu xuízo.

Unha vez finalizada todas as artimañas para a realización do gran teatro, e establecidas todas as pezas para impoñer a verdade dos poderosos, fíxase a data onde se pretende sacrificar no altar da democracia os rebeldes.

O 25 de Marzo, 3 xuíces, 3 miserables, decidirán sobre a vida dos nosos compañeiros, alzándose como semideuses para cuantificar a porción de vida que terán que purgar os prisioneiros.

A trampa xudicial esténdese ata límites groseiros, no caso de non ser condenados polos feitos que hoxe se lles acusa, os compañeiros que se encontraban cumprindo condenas con beneficios (pola súa participación en accións de guerrilla urbana durante os 90 -Marcelo e Juan-) quedarán ao caprichoso arbitrio da administración carceraria-xurídica, os que decidirán se terían que permanecer no cárcere cumprindo a condena anterior ou retomarían o réxime de beneficios que tiñan ata o 2007.

As armas da democracia transformadas esta vez en papeis e sentenzas buscan ser executadas segundo as peticións dos perseguidores. Desta forma a fiscalía solicita:

· Para o compañeiro Juan Aliste: cadea perpetua cualificada + 20 anos de cárcere, acusado de 3 asaltos bancarios, a morte de Moyano e o suposto homicidio frustrado a outro policía durante o enfrontamento nas inmediacións do banco security.

· Para o compañeiro Freddy Fuentevilla a acusación é de perpetua simple + 15 anos de prisión polo homicidio de Moyano, o enfrontamento armado con outro policía e 2 asaltos bancarios.

. Pola súa banda ao compañeiro Marcelo Villarroel os perseguidores pretenden condenalo a 18 anos de prisión tras indicalo como autor de 2 atracos bancarios.

Nos altares da inquisición democrática...

"...Porque a Anarquía témola dentro das nosas cabezas e vostedes nunca serán capaces de procesala, non importa canto cemento nos boten enriba para sepultarnos, non importa cantos cárceres constrúan para meternos dentro, a cantos anos nos condenen e cantas leis antiterroristas decretasen para ser aínda máis estritos nas súas actuacións teatrais... A nosa anarquía fuxirá de cada vez". -Giannis Mihailidis e Nikos Romanos.

Os xuízos son instancias culmines do monopolio da violencia por parte do Estado, onde a inquisición democrática busca aplicar a sanción exemplificadora. Pero no caso de suxeitxs en aberta rebeldía agudízase e amplifica o rol da propia xustiza, transformando a instancia nunha tribuna de linchamento político.

Aínda que a Fiscalía se empeñe en autoproclamarse limpa e aséptica, este é e será un proceso que debe defender a orde dos ricos, este é un xuízo político. Por iso as probas e acusacións escapan dos meros feitos acontecidos o 2007, levantándose contra os compañeiros en tanto suxeitos subversivos.

Con isto non estamos a pedir igualdade ante a lei ou "xuízos xustos", senón que máis ben buscamos desvelar e evidenciar como funciona a estrutura do dominio para cargar sobre os que se opoñen e enfrontan de xeito cotián e radical.

Así entón, a contar do 25 de Marzo, fiscais, xuíces e avogadas ao servizo do poder se esmerarán na estética e a vaidade, Xendarmaría esaxerará ata o ridículo as disposicións do teatro da seguridade e a viúva do cabo Moyano armará canto punto de prensa encontre.

Todos defenderán a súa posición de servidores do dominio e non temos dúbida da actitude dos nosos compañeiros: cabeza en alto, sen arrepentimento do que decidiron ser, con tremendas forzas para non se render.

É necesario comprender o momento clave que significa un xuízo, tanto para o poder que se auto arroga a oportunidade de xulgar e condenar aos revolucionarios, como á súa vez o desafío e posibilidade para nos, os seus eternos inimigxs, de elevar a conflitividade, levándoa a un punto de non retorno. A nosa é a resposta solidaria, con firmeza e no pulso exacto da guerra.

O obxectivo transcendente dos teatros xurídicos, inclusive mais alá de condenar por un feito puntual a unha persoa, busca cortar e demoler o espírito de enfrontamento á norma, á regra, ao poder mesmo segundo sexa o caso.

Así entón tras o escenario legal, preténdese sepultar ao/a imputadx, simplemente borralx, anulalx, tras o peso dunha condena e transformadx nun mero número dentro do cárcere, que o mundo máis alá das reixas o/a esqueza e que o/a prisioneirx asuma obediente o seu novo rol pola sociedade asignado: condenadx.

Os nosos compañeiros non sucumben resignados ao dominio e mantiveron ao longo da súa vida a opción de loita permanente. Transcendendo e traspasando escenarios puntuais, dándolle así unha continuidade de loita á ruptura coa orde imposta.

Evidenciando con iso que o poder poderá cercarnos, encerrarnos, elevar os muros e disparar sancións e vinganzas, pero a nosa será a vontade de non enfrontar dende unha perspectiva de vítima cada escenario polo poder disposto. As nosas mans activas sempre buscarán destruír os barrotes que pretendan encerrarnos...

Non delegaremos nas disposicións e ritmos do estado a nosa actitude de guerra. A loita é unha opción de vida ata o final, sen espazo para os tempos mortos.

No escenario do legal, os compañeiros buscaron obstaculizar a "verdade" dos poderosos mediante unha defensa xurídica, pero sen facer súa nin internalizar as categorías da linguaxe impuxeron: inocentes, vítimas ou culpables.

Por iso a estratexia de defensa non se basea unicamente en evitar e entorpecer a lapidación e o secuestro de por vida que pende sobre eles, sabotando as engrenaxes das verdades xudiciais, se non que ao unísono proxecta tanto a loita na rúa coma unha vida de combate contra a dominación.

Hoxe máis que nunca... Palabra e Acción

"Entendemos a solidariedade como a constante posta en práctica das nosas ideas anarquistas, en todas as súas formas, que fan entender o inimigo que acá nada remata, que todo segue no cárcere ou na rúa. Dende onde se estea: nin un minuto de silencio e unha vida de combate". -Mónica Cabaleiro e Francisco Solar.

Ante o inminente xuízo contra os nosos compañeiros, facemos un fervente chamado a loitar, elevando a voz da guerra, convocando unha vez máis unha Xornada de Axitación Solidaria Internacionalista do 14 ao 25 de Marzo do 2014.

Asumindo sempre un rol activo dentro da guerra social, instamos ás diferentes individualidades a manifestar de xeito concreto o apoio e a solidariedade cos compañeiros a espera de xuízo. Entendendo que a mensaxe solidaria será recibida de xeito atinado non só polos compañeiros, senón que tamén polos poderosos que quixesen velos sós e derrotados.

A solidariedade ofensiva fai fronte ao teatro de xustiza e leva o conflito dende as oficinas estatais á rúa mesma, onde queremos os nosos compañeiros, vivos, libres e rebeldes.

Non seremos espectadores do linchamento dos nosos compañeiros, nin aceptaremos submisamente as condenas que poidan emanar como sanción exemplificadora, o noso chamado é a que ninguén se reste de participar, de activar pola liberación total.

A solidariedade, a forza común, o apoio, traspasa os muros, burla as fronteiras e une os mundos coa linguaxe común da guerra social. Que un/unha guerreirx non estexa só nos salóns da xustiza burguesa, só depende de canto sexamos capaces de crear. Todas as accións contan e todas achegan á loita contra o poder, cando levan o xerme solidario e de liberdade.

O chamado é a actuar, xerando unha acción solidaria multiforme, sen líderes nin dirixentes, onde cada quen achegue dende o escenario en que se encontre, cada xesto importa. Así a acción solidaria xera, estende e afonda as redes de complicidade, potentes armas e ferramentas para facer fronte ao Poder.

Este chamado é unha convocatoria aberta, para que cada quen se manifeste dende a acción, dende a información descentralizada, con prácticas autónomas de expresión de rebeldía.

Non deixaremos sós aos nosos compañeiros, por máis refachos de ameazas que o poder dispare, nosa é a convicción de loita, sen treguas, ata o final, ata destruír o último bastión da sociedade carceraria.

Contra toda forma de poder, contra toda forma de dominación. ... Na rúa, prisioneirxs ou en fuga, sempre estaremos en permanente actitude de combate.

"As fronteiras e os idiomas diferentes son obstáculos que imos derrubar para encontrarnos un/unha ao carón dx outrx, e para levantarnos xuntos en contra dos mandatos e ordenes deste sistema e chuspir con desprezo cada un dos fieis á lei e opcións da vida que nos propón" -Conspiración de Células do Lume.

Solidariedade e Acción do 14 ao 25 de Marzo do 2014, ata ver a Freddy, Marcelo, Juan e Carlos na rúa, camiñando libres con todxs xs que loitan.

¡MENTRES EXISTA MISERIA HABERÁ REBELIÓN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario