4 mar. 2014

[$hile]: José Miguel Sánchez Jiménez, na rúa! A quen non cesan de luitar con acción directa

Recollemos de ContraInfo esta agradábel noticia da posta en liberdade deste luitador (dende dentro e fora dos muros) tras se pasar perto de 20 anos encirrado nas prisións chilenas, e publicamos, traducido, o seu último (e aguardamos que derradeiro) texto escrito dende dentro, que tambén recollimos de ContraInfo:

Na madrugada do 27 de Febreiro o compañeiro José Miguel Sánchez Jiménez deu cumprida a súa condena imposta polo Poder. As 0:00 Hrs do 28, distintos familiares e compas de Jose Miguel se achegaron á ex-Penitenciaria para recibir novamente na rúa ao compa, ian con faixas, panfletos, petardos e berros en lembranza ao resto de prisioneirxs revolucionarixs. José Miguel saiu do centro de exterminio con o seu puño e a súa frente en alto. Entre abrazos e saudos, a xornada rematou sen detencións se ben houbo con enfrontamentos verbais con os carcereiros.

A quen non cesan de luitar con acción directa

A existencia mesma é a loita para vivir de quen nos declaramos inimigos do estado e todo o establecido, é o estado de alerta permanente o que reafirma a consciencia e fainos actuar en consecuencia, optamos por encarar ao inimigo coa violencia necesaria, audacia e certeza, non baixamos os fierros ao encarar os gardiáns dos poderosos... usámolos friamente intentando causar o maior dano posible. Co inimigo non hai tregua, só odio e desprezo, enfrontámolos con cero medo, coa mente clara e a decisión inquebrantable de atacar ao poder, os seus lacaios e toda forma de autoritarismo. Somos rebeldes e indómitos por natureza, nada nin ninguén poderá deter o avance de emancipación e a destrución do existente.

A violencia foi xerada e usada pola clase dominante dende sempre, día a día violéntanos, a nosa resposta é e debe ser contundente, violenta, eficaz e dirixida cara as iconas do poder, as súas posesións, os seus gardiáns, carcereiros, fiscais, xuíces e todo o que signifique dominación, explotación e escravitude, só en forma violenta poderemos golpear con eficacia a mole do poder.

Cada vez os golpes son máis audaces, chegouse aos tobos mesmos do inimigo deixándolles un obsequio que de ter detonado moitos esbirros se terían restado ao inimigo, os meus respectos e alento a esxs guerreirxs ousadxs, esa semente continuará xerminando e o seu froito de rebeldía será a arma mortífera que atacará mortalmente ao poder, alí estarán xs indómitxs dando a guerra... violentando a paz dos ricos, avanzando cara a emancipación total.

Porque sen ataque hai só tregua, a loita é agora!

Fraternalmente
José Miguel Sánchez Jiménez

Un abrazo, cariño e solidariedade activa con todxs xs presxs en loita en todo o mundo; a solidariedade é a arma que máis temen os poderosos... usémola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada