7 mar. 2014

[Francia] Que a rabia explote como lumes artificiais! e Martelada Solidaria.

Colamos de PublicaciónRefractario e de ContraInfo esta noticia ao respeito dunha revolta nun CIE (centro de reclusión de estranxeiros) de Paris, unha reflexión ao respeito asinada por Algunxs Anarquistas, e uns martillazos solidarios a varias "casas da lei e a xustiza":

A noite do 13 de febreiro, no cárcere para estranxeiros de Vincennes (Paris) estala unha revolta para impedir a expulsión dun detido. Telecámaras, portas, mobiliario e extintores son destruídos ou lanzados contra os madeiros. Dous detidos serán condenados a dous meses de cárcere*. Un día despois, algúns compañeiros van espremer a propia solidariedade diante os muros do CIE, con lumes artificiais e berros de liberdade; xusto despois son detidas cinco persoas. Tres son postas en liberdade vixiada e dous son encarcerados en Fleury-Mérogis (o seu xuízo está previsto para o 24 de Marzo **), todos son acusados de "asociación armada con rostro enmascarado" e de rexeitar a fichaxe (ADN, pegadas dactilares, fotos), algúns mesmo por declarar unha identidade ficticia, para retardar o traballo aos madeiros.

Esta represión non sae da nada. Dende a súa creación, os CIEs non deixaron a todo o mundo indiferente, xa que a miúdo son o teatro de revoltas no seu interior e de respostas no exterior (manifestacións, ataques directos contra os xestores da máquina de expulsións, etc). Este caso é soamente a enésima vinganza do Estado aos danos de aquelxs que tratan de facer inxestionables os cárceres, loitando sen mediación.

Unha cousa é segura: non nos interesa para nada saber se estxs revoltosxs, tanto do interior coma do exterior, son inocentes ou culpables, porqué non razoamos co seu código penal, senón coa rabia dos nosos corazóns. Hoxe, indignarse non serve de nada, solidarizarse significa contribuír á destrución da máquina de expulsión e de reclusión.

Se a represión ten como obxectivo paralizar a vontade instalando o medo de actuar, só consegue instigar o noso odio contra este existente feito de diñeiro, de madeiros e de arame de espiño.

A liberdade é facer a guerra a este mundo.

Políticos, xuíces, madeiros, capitalistas, xamais volveredes durmir en paz, montón de prea!

18 de Febreiro 2014
Algunxs anarquistas.


París: Martelada solidaria


A noite do 19 para o 20 de febreiro de 2014, as casas da lei e xustiza (MJD) localizadas en Rue de Boucheries (comuna de Saint-Denis), a rúa Bernard et Mazoyer (comuna nordés de Aubervilliers) e na rúa Buisson Saint-Louis (10° distrito de París) foron atacadas. En todos os casos, a totalidade das ventás foron destruídas. O eslógan "Que se foda a xustiza" foi pintado na fachada da oficina localizada na rúa Buisson Saint-Louis. Porque, xeralmente, a xustiza está a destruír a nosa vida diariamente, e tamén porque unha rebelión no centro de detención para emigrantes de Vincennes foi suprimida o 14 de febreiro (dous detidos foron encarcelados*), mentres que máis tarde ese día, dous compas foron envíados a prisión** por expresar a súa solidariedade cos amotinados fóra dos muros do centro de detención. Porque cremos que ningún ataque do sistema de xustiza debe pasar sen resposta.
Liberdade!

* Despois do motín en Vincennes, dous dos emigrantes detidos foron sentenciados a dous meses de prisión (un deles tivo dous meses adicionais de sentenza suspendida por negarse a dar ADN).

** Os dous compas foron liberados o xoves 25 de febreiro despois de pasar 10 días en custodia no cárcere de Fleury-Mérogis. Ambos os dous encóntranse baixo supervisión xudicial, xusto como outros tres compas que foron detidos o mesmo día. O seu xuízo foi programado para o 24 de marzo de 2014.

colado x Edu

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada