7 mar. 2014

[Francia] 2 anos de cárcere ao compañeiro anarquista Damien Camelio

Recollemos esta noticia do blogue InstintoSalvaje onde apontan, nunha súa nota, que a mesma foi recompilada e traducida dalgúns medios de información burgueses franceses e neste momento encóntrase en desenvolvemento, agora ben toda a nosa solidariedade co compañeiro Damien, e que a loita antiautoritaria non recoñece distancia no momento de poñer en práctica a solidariedade e moito menos con individualidades que se mantén irredutibeis nun contexto antagónico do capital.

Dende a rexión francesa chéganos a seguinte noticia, o compañeiro anarquista Damien Camelio de 31 anos, é condenado pola súa participación en 2 ataques incendiarios en Tarbes e Pau, como parte da organización G.A.D.I. (Grupo de Acción Directa Internacional), onde Damien non nega a súa participación nos devanditos ataques que foron realizados o pasado mes de decembro do 2013.

O compañeiro é condenado a 2 anos en prisión.

Damien Camelio, un anarquista frances, é acusado de crear e pertencer actualmente ao G.A.D.I., non nega a súa participación nos dous ataques incendiarios. Non entrega información respecto á organización tanto a súa suposta estrutura ou os que participan dela, vindica os ataques de xeito individual co cal exculpa outro compañeiro anarquista que estaba a ser acusado tamén polos mesmos ataques.

Algunhas das declaracións coñecidas polo compañeiro son as seguintes:

"Eu reivindico os ataques en apoio cos compañeiros anarquistas presos e en contra das consecuencias que as políticas neoliberais implementan en Europa. O ascensor social non funciona. O capitalismo feudal no cal toda a vida dun individuo se determina ao nacer, ese é o verdadeiro terrorismo, cando as familias se lanzan á rúa, cando os pais non poden alimentar os seus fillos, cando a dignidade do home é pisada. Mire o terror nos seus ollos antes de xulgar a miña (...)

(...) Eu ataco os símbolos e violentamente respondo á miña orde do meu encarceramento. Non son inocente, literalmente como en sentido figurado, ou culpable. Ata que non coñezan a culpabilidade dos verdadeiros opresores terroristas. Eu xa non son unha vítima, eu só son un anarquista que entrou na resistencia"
.

Nestes momentos é a única información que coñecemos do compañeiro Damien Camelio, estaremos a actualizar e traducindo toda información respecto a este novo caso.

A solidariedade non recoñece distancia e é a nosa mellor arma.

Damien querémosche Libre e Salvaxe

Liberdade a Todxs xs Presxs Anarquistas, Nihilistas e Antiautoritarixs do Mundo


Nunha outra entrada deste mesmo blogue facilitanos o seu enderezo:

Aquí deixamos a dirección completa de correo do compañeiro Damien Camelio, recordamos que todo o correo é lido antes de que chegue á mans do compañeiro:

Maison d’Arrêt de PAU
Damien CAMELIO – Ecrou 25622
14 Bis Rue VIARD
BP 1616
64 037 PAU CEDEX

Agradecemos as individualidades que nos fixeron chegar esta información a penas subimos a noticia do compañeiro Damien Camelio.

Saúde, Liberdade e Anarquía!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada