11 mar 2014

Ángel Berrueta, esa vítima do 11-M da que non falan os falsimedios. [Video]

Onte e hoxe todos os mentideiros destacan o feito de que as 3 diferentes asociacións de vítimas do 11 M xuntáranse nun mesmo acto para receber aplausos e medallas. Mais nengún deles menciona, nen de pasada, a estoutra vítima, Ángel Berrueta, quen fora asesinado por o policía nazional Valeriano de la Peña e o seu fillo Miguel José, tras a propaganda dos falsimedios tratando de culpabilizar a ETA dos atentados nos trens de Madrid (tese que aínda defenden no PP).

Ángel Berrueta negouse a colocar na súa panadaria do bairro de Donibane en Iruña, un cartaz culpando a ETA dos atentados; a persoa que lle instaba a elo era dona do policía e veciña súa, Pilar Rubio quen, ante a negativa de Ángel a cumprimentar a súa exixencia saiu da panadería berrando: "Voy a matar a ese hijo de puta" e foi buscar ao seu home e ao seu fillo e todos xuntos entraron de novo na tenda de Ángel e o asesinaron con unha pistola e un machete.



Colamos este video da plataforma Ángel Gogoan con a entrevista a Aitziber Berrueta Mañas, filla de Ángel, quen relata cómo viviu o asasinato do seu pai, a nula implicación da equipa de goberno do concello de Iruñea e do resto de institucións neste acontecemento, e tambén colamos de Naiz esta entrevista a Aitziber e Aitor Berrueta (fillo de Ángel) e a Edur Pérez (membro da plataforma Ángel Gogoan) quen reclaman que se recoñeza a Ángel Berrueta como vítima da violencia política:

Cúmprense dez anos da morte de Anxo Berrueta. Volver recordar todo é moi duro para vostedes.

Aitor BERRUETA: Saen de novo todos os sentimentos. E é duro, moi duro. Pero temos que recordar que pasou porque non podemos permitir que se esqueza.

A morte producese nun momento moi concreto, tras o 11-M e no medio dunha onda de criminalización.

Aitor B.: Si. Lembrome de que o 11-M traballaba de tarde e moitos compañeiros dicíanme que ETA se pasara. Eu estaba convencido de que non podía ser ETA porque nunca fixera nada parecido. Ao día seguinte xa saíron noticias de que había dúbidas, pero dende o Goberno español fomentaron a caza ao vasco e o «imos a por eles». E o meu pai foi unha vítima diso, de todo o odio e o terror que creou o Goberno español cara a todo o vasco.

Aitziber BERRUETA: O aita tamén tiña claro que non fora ETA. Acórdome que cando cheguei de traballar eu dicía que non podía ser, pero como tes tanta información negativa dubidaba. Pero o aita tiña claro que non podía ser. E solidarizouse coas vítimas, pechando a tenda.

Aitor B.: Está claro que houbo unha provocación por parte de Pilar Rubio despois de que o aita non a deixase colocar un cartel na tenda. Subiu e díxolles algo aos outros dous, o policía Valeriano de la Peña e o seu fillo Miguel José. Pero a Xustiza decidiu que Pilar Rubio non é culpable. Está claro que a Xustiza non é igual para todos.

Nestes dez anos denunciaron a falta de arrope por parte das institucións. O rexeitamento da moción na que se pedía o recoñecemento como vítima da violencia política é o último exemplo.

Aitor B.: Connosco non se puxo en contacto ninguén. Unicamente nos chegou unha carta do Concello de Iruñea.

Aitziber B.: Non pretendo que veñan á homenaxe do aita. Non quero que veñan para a foto. Pero si que se lle recoñeza como vítima, que é o que é. Que deixen ao barrio poñer unha placa na súa memoria. Alí matáronlle, alí traballou polo barrio, alí ía falar a xente con el... Hai varios anos púxose a placa e quitárona o mesmo día. Se como institución non queren darnos nada, que polo menos deixen ao barrio facelo, que temos 2.136 firmas, que non son poucas.

O abandono das institucións contrasta co apoio do barrio.

Edur PÉREZ: O barrio sempre estivo coa familia. No décimo aniversario conseguimos implicar xente dun amplo espectro para dicirlles as institucións que se impliquen, pero non serviu para que o Concello de Iruñea aprobe a moción que pedía que se recoñecese a Ángel como vítima da violencia política. Pensamos que xa é hora de que exista verdade, recoñecemento e reparación.

Ademais de perder o pai, tiveron que sufrir ameazas.

Aitor B.: Ao día seguinte de que matasen ao aita, chamaron a casa e colleu a ama. Dixéronlle que nos ían matar un a un a todos os fillos. Deulle un ataque de ansiedade.

Aitziber B.: En homenaxes pegáronnos a todos, houbo seguimentos, pintadas na casa dicindo que nos ían matar, unha vez me chamaron por teléfono e alguén que dicía que era policía nacional me dixo que me ía matar, colgaba e me volvía chamar, colgaba e me volvía chamar... Denunciamos todo, pero non serviu para nada. Ao principio chamabamos o avogado, pero logo xa sabiamos o procedemento para denunciar. Tamén nos romperon as lúas da tenda e racháronnos as rodas dos coches.

Hai dez anos tamén mataron en Hernani a Kontxi Sanchiz nunha protesta polo sucedido en Iruñea. Dúas mortes ineludiblemente unidas...

Aitziber B: Mantemos o contacto co pai, coas súas fillas e o seu irmán. Kontxi saíu polo meu pai. Estaba ben, cando saíu non lle pasaba nada. Nun momento dado, houbo unha carga policial. Kontxi caeu e non se levantou. Non sei se ten moita lóxica que haxa unha carga policial nunha manifestación que estás a facer por un asasinato. Sentimos que lles debemos algo.

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario