28 mar 2014

[A Guarda] 25, 26 e 27 de Abril.- II Feria do Livro Anarquista

Recibimos e colamos esta convocatoria, cunha programación mui interesante ainda que pendente de confirmar e actualizar nos vindeiros días. Repoducimos a continuación este primeiro chamamento de compas de A Guarda:

Vaise achegando esta II edición da “Feira do livro anarquista” en A Guarda, que este ano se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de abril, e trae con ela un programa completo e do máis diverso dentro dos nosos límites pretendendo cubrir tódo-los ámbitos e representa-las diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.

Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.

As actividades repartiranse entre o C.S. Fuscalho (fronte á Atalaia) e a Praza de S. Bieito (próxima ao porto).
Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes e mesas para exposición de material antiautoritario.
Tóda-las comidas servidas nos xantares, ceas e desaiunos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades.
Os horarios son aproximados.
Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.
Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com
Sen mais unha aperta e esperamos contar con todxs vos.

5 comentarios:

  1. Parabéns pola programación compas, está moi boa.
    Aparte, A Guarda queda no cu do mundo, así que molaría que este ano as actividades que anuncian as fagan(en referencia ao ano pasado). Por iso da xente que se gasta de 50 euros para arriba en acudir ás xornadas e estar alí 3 días.

    ResponderEliminar
  2. Obrigado, e se conheces o choio que leva programar este tipo de "eventos" saberás que algumhas coisas é inevitavel que saiam mal, a nós tampouco nos gosta que venha a gente em "vano" pero tampouco depende de nós exclusivamente..
    Um saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Todo hai que dicilo3 de abril de 2014, 23:19

      Encantame a vosa iniciativa e a vosa vila, pero un pouquiño de autocrítica¿¿¿Que algunhas cousas sairon mal na primeira edicion ??? ¿¿¿So algunhas??? Pois menos mal que soamente sairon mal algunhas!!!. Hai que ter pouca vergoña para dicir iso amiga "guardesa". E iso de que sempre é inevitable que algunhas cousas saian mal, será a ti. E o de que non depende de vos exclusivamente é certo, como certo é que todo los erros do pasado ano foron por parte da organización. Un pouquiño de humildade e a seguir mellorando, non so a programación tamén a actitude.

      Eliminar
  3. Ao respeito, e unha vez rectificada esta entrada, pedimos desculpas, sobre todo ás persoas que organizades esta feira, por non especificar o dia que esta convocatoria se publicou, que a programación estaba pendente de actualizar nos vindeiros días.
    Agardamos a vosa confirmación.
    Saudos!

    ResponderEliminar
  4. Istes dias pasamosvos a info renovada, pero está ben que a peña xa vaia sabendo os días e máis ou menos as actividades programadas!
    Grazas pola difu, coma sempre! ;)

    ResponderEliminar