17 mar 2014

17 a 22 de marzo: Convocatoria envío de faxes denunciando a situación de Francisco Solar, “Cariñoso”, no C.P. de Córdoba. Actúa contra o acoso que sofre.

Damos pulo a esta Convocatoria Solidaira Urxente que recollemos de Barcelona Indymedia:

Dado o acoso que está a vivir o compañeiro Francisco Solar, "Cariñoso", na prisión de Córdoba, convocamos a que durante esta semana, do 17 ao 22 de marzo, se envíen fax de denuncia da súa situación.

Denunciamos que o compañeiro Francisco Solar Domínguez, preso no C.P de Córdoba en réxime de FIES 3, está a ver constantemente vulnerados os seus dereitos fundamentais e é obxecto do arbitrio das decisións tomadas polo subdirector de tal prisión. Desde o seu traslado dende a prisión de Navalcarnero a Córdoba o compañeiro sufriu un réxime de excepción personalizado, despois de aplicárselle medidas represivas extraordinarias que nin sequera no propio código institucional, o Regulamento Penitenciario, encontran xustificación.

Denunciamos que dende febreiro o compañeiro se encontra preso nun módulo de castigo en total illamento (sen incorrer en ningunha falta que, baixo a "lóxica penitenciaria", xustificase un castigo) en vez de estar no módulo que lle corresponde. A única comunicación telefónica que lle foi autorizada é con familiares directos; prohibíuselle sistematicamente calquera outra chamada. Á súa vez, e por se as medidas represivas anteriores non son suficientes, estano a ameazar con prohibir o resto das súas comunicacións.

Queremos denunciar con todas as nosas forzas a criminal situación que está a sufrir e o rol maltratador e endeusado dos funcionarios e o subdirector deste cárcere, que incumpren sistematicamente o Regulamento que lles acata. Esiximos que cese esta persecución cara á súa persoa. Puntualmente, esiximos que se lle levante a condición de castigo e sexa trasladado de módulo, así como tamén que sexan autorizadas outras chamadas telefónicas, considerando que a súa familia non se encontra en España e polo tanto é imprescindible tamén unha comunicación permanente co seu ámbito directo local.

O noso compañeiro non está só. A nosa solidariedade é activa. A nosa loita está en pé. Farémonos eco de todas as súas demandas e loitaremos con el e con todos os medios necesarios para a súa liberación, e a liberación de todxs xs compañeirxs presxs.

Fax Xulgado de Vixilancia Penitenciaria Nº8: 957 00 23 84
Fax C. PÁX. de Córdoba: 957 22 50 65
Fax Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (Madrid): 913 35 40 52

Para ligar ao modelo de fax (en castelán) clicade acá

Lembramos que Francisco, xunto con Mónica Caballero encontranse en “prisión preventiva” acusadxs de pertenencia a organización terrorista e delitos baixo a mesma lexislación. Acusadxs de ser membros do Comando Insurreccional Mateo Morral, da colocación dun artefacto explosivo na Basílica de El Pilar en Zaragoza e supuotos actos preparatorios para un atentado nunha igrexa en Barcelona.

Para escribirlles a xs compas:

Francisco Solar Domínguez
Centro Penitenciario Córdoba
Autovía Madrid-Cádiz km.391
14014 Córdoba (España)

Mónica Caballero Sepúlveda
Centro Penitenciario Ávila
Ctra. de Vicolozano-Brieva, s/n
05194 Brieva
Ávila (España)

2 comentarios:

  1. Non funciona o enlace do modelo de fax, a ver se se pode solucionar

    ResponderEliminar
  2. Ir, sim que vai, o que se passa é que por algumha razom o IndyBarna nom vai às vezes. De todas passamos a colocar a ligaçom no corpo da notícia

    ResponderEliminar