Damos pulo a esta convocatoria que nos enviaran as compas do Grupo de Axitación Social, GAS de Vigo:
Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten. Por iso convidamos a todas as persoas que desexedes sumarvos a esta iniciativa a que vos acheguedes o vindeiro sábado de 10:00 a 22:00 horas para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.
Aquí vai o programa de actividades:
10:00 - Benvida e decoración
11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...
11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs
12:30 a 13:00 - Descanso
13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.
14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.
16: 30 a 18:00 - Documental: "La plataforma". Sobre as orixes, loitas e reivindacións da Plataforma de Afectados pola Hipoteca.
18:00 a 19:00 - Rap Ostiapadre. Actuación do grupo de rap de Coia. Podedes saber máis deles na súa web.
19:00 a 19:30 - Descanso
19:30 a 20:30 - Presentacións ILP Renda Básica e ILP Vivenda. Achegaremos toda a información sobre estas dúas iniciativas.
20:30 a 22:00 - Cea comunitaria. Traede cea para compartir.
22:00 - Despedida
No hay comentarios:
Publicar un comentario