18 feb 2014

[Melilla] Admitida a trámite querela criminal contra o delegado do goberno e contra o coronel da guarda civil desa colonia española, pola expulsión ilegal de migrantes

Publica a web de Esculca esta información que recolle do blogue MelillaFronteraSur e á que damos pulo, para continuar nas nosas denuncias sobre a inumanidade das forzas represivas españolas nas raias fronterizas, da implicación por activa dos seus responsables (director da Guarda Civil, chefes dos corpos represivos, delegados do goberno, ministro de interior,...) tanto por querer quitarlle ferro a asesinatos e demais desmáns contra personas inocentes, como por negar as evidencias e mesmo tentar criminalizar a quen denuncia estas barbaridades inxustificaveis.

Así colamos a noticia e este novo video aportado pola ONG PRODEIN no que se pode ver como un grupo de migrantes é conducido de volta aos furgóns en que os levara a Garda Civil até a porta número A 13 do enreixado de Melilla, un lugar vetado ao tráfico civil, onde non hai cámaras de vixilancia e onde os inmigrantes adoitan ser expulsados de noite en quente, é dicir incumprindo a lei de estranxeiría:



O xulgado núm.5 de Melilla admitiu a trámite a querela criminal apresentada por Coalición por Melilla e a ONG Prodein contra o Delegado do Goberno e o Coronel da Guarda Civil por deportacións irregulares de migrantes.

A execución da deportación do caso obxecto da querela foi recoñecido e xustificado publicamente en rolda de prensa polo propio El Barkani, Delegado do Goberno, despois da detención de doce inmigrantes que entraran pola fronteira con Marrocos facendo caso omiso das ordes policiais. Segundo afirman os colectivos querelantes, posteriormente os migrantes "foron conducidos sen tan sequera seren identificados, nin coñeceren nada das súas circunstancias a Marrocos. De feito, podemos prever que nin tan sequera consta algún rexistro da acción realizada polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado" .

De se confirmaren estes datos, os feitos serian "constitutivos dun Delito de prevaricación (Art. 404 CP) e un delito cometido por funcionario público contra os dereitos individuais (Art. 537 CP)" por vulneración de leis españolas e de acordos con Marrocos ao "se ter omitido calquera tipo de garantía, xa que nin foron debidamente identificados, polo que non sabemos se había algún menor, se foron informados os motivos da súa detención e dos dereitos que lles asisten, e nin tan sequera foron acompañados por algún letrado na práctica da dilixencia e por algún intérprete nos seus idiomas".

Por outra parte, PRODEIN ao respeito do vídeo sinala que vese que as forzas de seguridade marroquís readmitiron a algúns "que trasladan en dúas furgonetas- mais despois néganse a recibir outros". "Será porque son demasiados ou porque están feridos", preguntase PRODEIN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario