Difundimos este fanzine realizado polo noso compa do blogue "La Rebelión de las Palabras", un proxecto de seu, que como explica el mesmo nesta entrada do seu blogue: "Fai unhas semanas, contando con algo de tempo libre, decidín empezar un proxecto de fanzine onde poder expresarme e ao mesmo tempo abrir un espazo de comunicación participativo onde calqueira que o desexe poidera colabourar con as súas aportacións, xa sexan textos, poesías, recetas veganas, ideas, críticas, suxerencias ou calqueira outra cousa que se vos ocurra que poide enriquecer o contido".
Aquí, en Abordaxe, acordamos darlle pulo a esta nova iniciativa e darlle un seu espazo na nosa sección de "Publicacións Amigas", dende onde podedes aceder á súa leitura ou descarga.
Colamos acá (traducido) o resto do texto que acompaña esta novidade criativa do compa:
Tituleino "Besos y Bombas", acordándome dun blog chamado igual, levado por varixs compas de Latinoamérica e que me gustou moito cando o descubrín, hai xa uns anos. Sería un pouco inxusto tomar prestado o nome sen enlazar ao blog, así que quen queira pode velo aquí, aínda que por desgracia hai tempo que non o actualizan, e non ten tampouco moitas entradas publicadas, pero o motivo polo que escollín este nome é porque creo que define bastante ben o que o fanzine pretende transmitir, o cariño que nos temos como compañeirxs e que nos une máis alá de calquera categoría afectiva estática e o odio que profesamos a este sistema, á autoridade, e á forma en que nos rouban a vida e as ilusións día a día.
De momento, só fixen un número, moi básico, e como primeiro intento creo que non quedou mal, dado o limitado dos meus coñecementos de maquetación, aínda que tampouco me parece nada do outro mundo. É certo que gran parte do que inclúe xa foi publicado anteriormente no blog, e quizais algúns/unhas xa non o encontredes tan interesante, pero igualmente, se vos apetece e se vos mola ou coñecedes alguén a quen pensades que lle pode interesar, invítovos a rularlo e a pasalo, igual que, volvo repetir, a enviar as vosas propias movidas ao correo electrónico creado para contactar para todo o relativo ao fanzine, e que vos deixo a continuación: besosybombas@riseup.net
En principio, no fanzine cabe de todo, aínda que o primeiro número contén varios textos ou artigos tanto propios coma de compas afíns e achegadxs, un apartado de poesía, outro de receitas veganas e pouco máis, e espero incluír un dedicado a noticias de accións que me chamen a atención especialmente e outro a noticias breves relativas a compañeirxs presxs. Se queres achegar algo, ten en conta que no fanzine non se dá cabida a ningún material que reflicta calquera forma de discriminación, exclusión ou autoridade, xa sexa heterosexismo, racismo/xenofobia, clasismo, especismo, ou que apoie a creación de calquera tipo de estrutura coercitiva ou xerárquica. Tendo isto presente, non te cortes.
Estou co segundo número, e confeso que vou con calma, pensando que incluír e que cambiar, así que non sei cando sairá.
Sen máis, déixovos os enlaces e espero que lle encontredes utilidade, e se non, sempre podedes culparme a min e usalo para calzar algunha mesa coxa que teñades por casa:
- Fanzine Besos y Bombas Portada
- Fanzine Besos y Bombas Corpo
21 feb 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Compas, en primeiro lugar, gracinhas por botar unha man na difusión do fanzine. Agradécese moito.
ResponderEliminarEn segundo, comentarvos que no enlace á portada puxéchedes tamén enlace ó "corpo" do fanzine, co que este quedou duplicado. Se podedes correxilo sería xenial.
Graciñas de novo e apertas.
Corregido, mas o erro foi cometido porque colhimos tal qual do teu blogue, donde também está errado a ligaçom á portada.
ResponderEliminarGraciñas de novo, por difundir e por avisar, así puden correxilo tamén no blog. Saúdos.
ResponderEliminar