Onte mesmo publicamos acá unha entrada con a denuncia da Plataforma "Salvemos Cabana" por estes feitos. Hoxe en varios medios comerciais (con seguridade, nalguns casos como o do vozeiro de Edgewater, muito ao seu pesar) non lles quedou unha outra que facerse eco desta desfeita que poderia ter sido muitísimo máis grave.
Destacamos este video da productora audiovisual Tingalaranga (*) para Galicia Confidencial, onde acompaña a cronica asinada por Xurxo Salgado, que destaca que "A Xunta non actuou a tempo":
Colamos un anaco da crónica en GC, onde confirman a alerta que se dera dende o concello de Carballo à Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta, e como dende aquí fixeran ouvidos surdos a tais demandas, ata onte despois do previsíbel e anunciado desastre (mais, haberá quen asuma responsabilidades??, fagan as súas apostas!!, eu digo que non!!):
"O da rotura da balsa de Neme era un desastre anunciado. En abril do pasado ano, o concello alertou xa da posibilidade dun desbordamento desta balsa polas intensas chuvias. Falouse entón coa Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta que enviou un técnico que, xunto co xerente da empresa --é unha compañía mineira Valenciana que logo da crise deu en creba-- e persoal do concello de Carballo trasladaronse á balsa para analizar a situación. Detectaron, in situ, problemas de fraxilidade na estrutura.
Entón Minas anunciou un plan de seguridade para a zona e a reparación da balsa para o verán de 2013. Un plan que non foi realizado. De feito, o propio concello realizou unha nova inspección á balsa o pasado setembro e volveu poñerse en contacto coa Xunta para a subsanación do problema. Pero, recibiron a calada por resposta.
Cinco meses despois a natureza non agardou e converteu o que podería solventarse "cuns tubos e unha canalización", segundo o concelleiro, nun pequeno desastre medioambiental.
Por iso, e como acontece a miúdo, a Xunta reaccionu tarde. O secretario xeral da Consellería de Economía e Industria púñase en contacto no medio día do luns co concello de Carballo para anunciar que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas rehabilitará esa balsa que, aínda conserva millóns de litros de auga.
En outro medio falase de que os animais avisaran do perigo que se aveciñaba con os seus ladridos e ouvidos e, pouco despois –sobre a 01.30 horas– escuitouse baixar polo monte a tromba de auga, pedras e lodo que arrasou ao seu paso leiras e viais. Por fortuna a rotura da balsa foi nunha zona que permitiu que a riada se distribuira, o que impediu que houbera danos personais que lamentar. De non ter sido así tería sido unha verdadeira catástrofe: “O dano puido ser de mortes”, segundo o concelleiro de Obras de Malpica. “Víase vir” declaraba onte a tarde o presidente da Comunidade de Montes de Razo e lembraba que a canteira está abandonada dende hai dous anos e que non ten plan de seguridade, e incide en que a empresa que explotara a mina é unha multinacional valenciana que na actualidade está en concurso de acreedores e que, polo tanto, non vai asumir responsabilidade algunha. Agora espera que a Xunta tome cartas no asunto e denuncia que “ata agora os técnicos nunca se decidiron a facer nada, a ver se agora, despois disto, si o fan”.
(*) Tingalaranga é unha productora audiovisual que traballa para alguns medios e que realiza videos de denuncias e da que forma parte Xosé Bocixa, que hoxe estará en "A Ghavilla" falando do seu documental "As Encrobas.- A Ceo Aberto" sobre os sucesos da loita veciñal contra FENOSA.
Noticia colada x eDu
11 feb 2014
Confirmada Irresponsabilidade da Xunta na catástrofe de Monte Neme
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario