Colamos esta interesante información sobre estas xornadas que terán lugar este vindeiro venres 14 e o pŕoximo, día 21 en sesións de tarde no CSA do Sar (rúa Curros Enríquez nº 28):
Este venres 14 poderemos asistir de 16h a 17h a unha introducción á cultura Xorda a cargo de Ana Senra, profesora de lingua de signos e membro da comunidade Xorda.
Ademáis, o próximo venres 21, tamén ás 16h, a profesora de LSE e intérprete Irene Rivas impartirá unha aula de introdución á Lingua de Signos Espanhola.
Esperámosvos a todxs neste venres temáticos, que nos permiten unha achega a unha cultura abraiante, moi próxima pero relativamente desconhecida. Ademáis, aprender algúns signos básicos en LSE amplía o noso potencial de comunicación e nos posibilita aprofundir nesta cultura!
Animaivos! =D
No hay comentarios:
Publicar un comentario