Neste mes de febreiro daremos continuidade ao noso Cinema-Forum Anarquista con un ciclo de documentais realizados baixo o prisma de diferentes loitas veciñais de onte para focalizarlas no hoxe e no mañán. A nosa intención é proxectar varios videos que nos falen de como foran esas loitas e que se acadou ou perdeu nelas. Co gallo de tal ciclo temos previsto pasar durante este mes documentais sobre a loita de As Encrobas (no vindeiro martes 11, onde contaremos con a presencia dos seu realizador Xosé Bocixa), outras loitas na Galiza con o documental de Carlos Varela "Na Defensa da Terra", e de fóra da nosa terra como os docus "A Tornallón" contra a especulación en Valencia, “La Cañada Otra Mirada” sobre La Cañada Real ou "Kukutza III" sobre a famosa okupa de Bilbo.
Para comenzar escollimos "La Voz del Gamonal, De quien es la calle?" un documental de 1 hora que narra a oposición da veciñanza de Gamonal contra a construcción dun parking na avenida Eladio Perlado en agosto de 2005. Como unha boa maneira de dar a coñecer a xénese dos conflictos que viviu o Gamonal ao longo da súa historia. A luita contra aquel parking que quería construir o alcalde de Burgos hai case xa unha década garda muita relación con a actual loita no Gamonal.
Aquí podedes ler unha reseña do documental:
En xoves 19 de agosto de 2005, o concello de Burgos dera inicio ás obras de construcción dun descomunal parking na rúa Eladio Perlado. As persoas afectadas movilizaranse contra as obras e unha prolongada e autorganizada luita colectiva de todo un barrio, conseguira frear esas obras que, dende un inicio, fora percibida como unha imposición caciquil.
3 feb 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario