Informa a Sociedade Galega de Historia Natural sobre esta aberrante actuación do concello compostelán, descoñecemos, na altura, se o novo quiosco, do que a súa explotación como cafetería xá foi motivo de concurso no concello, foi xá dado a dedo por algunha das múltiples encausadas na Pokemon ou gañado legalmente (se ben, isto último para quen asina isto, é algo moi díficil de crer dado o nivelón do culebrón do concello compostelán que se está a dar a coñecer pola prensa canalla de fora de Compos). Mais colamos a nota da SGHN:
No parque máis senlleiro da cidade, a Carballeira de Santa Susana, e a plena luz do día estase a perpetrar un "arboricidio en diferido". As víctimas son un puñado de carballos centenarios. Por se non tiveran poucos problemas de conservación as árbores desta emblemática Carballeira, a algúen ocorreuselle "integralas" no novo quiosco que vai substituir ó que levaba anos sen uso.
A tres dos carballos (un fóra e dous dentro da estrutura metálica) mutiláronlle brutalmente a metade da raigame case a rentes do tronco para facer unha dependencia soterrada e as súas escaleiras de acceso. Dos tres carballos "integrados" no quiosco, as gaias principais de dous quedan espetadas a traverso da cuberta e a do terceiro queda a rentes da estrutura metálica, coa que rozará ao medrar e nos temporais de vento. E falando de vento, xa que estamos en tempada de "cicloxéneses explosivas", canto tempo aguantarán en pé os carballos coa raigame mutilada e desequilibrados? Cando caigan botaranlle a culpa ao vento?
eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario