27 feb. 2014

[Clásicos Populares] Furnier

Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escea músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.



Furnier leva anos transmitindo potentes concentracións de amor e odio en forma de rap. Membro activo e un dos fundadores do mítico colectivo Hip Hop Ateneu. Os seus comezos remóntanse ao ano 2000, onde forma xunto con outros tres compoñentes o grupo Palabra Maestra, un grupo moi representativo para a torcida do underground compostelan. É no 2005 cando emprende unha andadura en solitario repleta de actuacións, que dito sexa, son impresionantes, cunha posta en escea chea de espontaneidade e enerxía. No ano 2007 atopámonos coa súa primeira referencia "Psycociudad", un E.P. de sete cortes impregnado de sons escuros, sintetizadores e rapeos cruos que nos falan de soños anárquicos nunha atmósfera postindustrial. A finais do 2010 edita o seu segundo traballo Balada Salvaje un single onde as distorsións e sintes se suavizan, e onde nos atopamos cuns rapeos mais densos e de contido desgarrador. A día de hoxe está a traballar no seu terceiro disco e o único que sabemos é que se trata dun L.P.(longa duración). Podes descargar de balde toda a súa discografía e acceder a máis información en furnierblog.blogspot.com. A canción que escollemos como parte dos nosos Clásicos Populares é "La Internacional del Mal" todo un manifesto insurreccional carregado de temperamento. Unha reportaxe de Emiliano Tocata e amig@s para Abordaxe-Blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada