14 feb 2014

[Ceuta] Interior admite agora, despois de negalo rotundamente, o uso de pelotas de goma, cartuchos de fogueo e botes de fume contra os migrantes pero só para "disuadir"


O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, recoñeceu onte xoves que a Guarda Civil sí utilizou material antidisturbios durante o intento de entrada dun grupo de migrantes por Ceuta.

Na súa peculiar comparecencia ante a comisión de Interior do congreso español, foi mudando de discurso así como ía recoñecendo prácticas criminais na intervención dos picolos que ao principio pretenderon ocultar, mesmo o engominado subalterno do ministro o “Cuco” Fdez de Mesa chegou a ameazar, pateticamente, con querelarse contra todos por publicar tais prácticas criminais que acabaron con a morte de, canto menos, quince persoas, se ben na súa intervención, o ministro primeiro dixo que foran nove as vítimas mortais e despois deu a “cifra oficial” de once. 9, 11, 15, números, só son números que demonstran que ao ministro importalle unha merda a vida e a morte desas persoas.

O ministro recoñeceu o que ata agora negaran dende o seu departamento con insistencia: Que os axentes si usaron material antidisturbios. Fernández Díaz asegurou que os axentes dispararon ao mar, e lonxe dos inmigrantes que intentaban con flotadores acadar a costa. Ante a insistencia da oposición para que detallara que tipo de material utilizara a Guarda Civil, o ministro, na súa derradeira quenda de palabra, case cinco horas despois do inicio da comisión, que os axentes utilizaran dende terra pelotas de goma, cartuchos de fogueo e botes de fume, con a única intención de "disuadir aos inmigrantes". Tambén admitiu que a Guarda Civil creara unha "barreira disuasoria" para evitar que chegaran a nado. E nega que as devolucións practicadas vulneraran a Lei de Extranxería porque non chegaran a pisar terra española (¿?), pois ainda que, no vídeo grabado por un espontáneo, vese perfectamente que varios migrantes pisan a praia ceutí de El Tarajal, á que chegan exhaustos, a xuízo do ministro, non lograran entrar en España porque non rebasaran o control policial da Guarda Civil: "O Estado retrotrae a liña de vixiancia ata un escenario seguro que non é outra que a do auga. Non constitue entrada ilegal a cal só fica consumada se se rebasa a liña de vixiancia establecida. Non entraron porque non rebasaron o control policial", manifestou e ficou tan pancho con esta nova definición de fronteira que ubica a mesma non nun lugar xeográfico prederminado e fixo senón onde estexa situada a barreira policial (¿?) . O que deu lugar a varias chanzas da oposición como a dun parlamentario que perguntou: "Onde comenza España? Ás costas da Guarda Civil? España non comenza onde queira a Guarda Civil" ou estoutra doutro deputado que di que "Se as fronteiras están tan difusas, alguns poderían admitir o direito de autodeterminación".

Ou eu son parvo de máis ou non entendo iso de “disparar ao mar lonxe dos migrantes para disaudir”. A ver, se disparan ao mar dende terra, como é que son estas balas de goma que teñen a capacidade de se frear soziñas na auga cando chegan a altura das persoas?? Ou quere dizer o sr ministro que, para disuadir, disparaban para onde non estaban os migrantes ?? En todo caso curiosa maneira de disuadir a uns perigosísimos migrantes agresivos e petados de pedras. Pero, como pretenden o ministro eo seu subalterno que creamos as súas disparatadas versións dos feitos?? E como despois de ir modificando as súas versións segundo non lles quedou outra que admitir os feitos ante a evidencia de novas probas??

Esta sería a versión oficial hoxe por hoxe:

Un feixe de negros exaltados e armados con pedras e paos invade a raia de Marrocos con Ceuta, para burlar a vixilancia da Guarda Civil entran por mar con flotadores e chalecos que se desinflaban, os axentes da Guarda Civil disparan dende a praia ao mar pelotas de goma, botes de fume e cartuchos de fogueo pero ao mar marroquino e só para disuadir, entón os picolos observan que aos migrantes se lles desinflan por casualidade os chalecos e os flotadores e ven que están exhaustos pois non deben saber nadar e o mando da Guarda Civil ordena que se deixe de disparar e se auxilie aos migrantes "porque se entendeu que se podía poñer en risco as súas vidas", e alá están as nosas gloriosas forzas da orden, mesmo arriscando as súas próprias vidas unha vez máis, preocupandose polos pobres negritos; mais, infelismente, iso non evita que ata 15 migrantes morran afogados, pero iso si todos no lado do mar marroquino e por non saber nadar. Ademais é evidente que o grupo de 23 que pisou a area da praia ceutí, non chegou a pisar territorio español porque a area que pisaran estaba húmida e España só comenza onde está a area seca e os guardas civis facendo fronteira.

E preguntome eu, esta versión é a definitiva ou van a seguir modificándola e mañán dirán que foi culpa do migrantes que comezaron a disparar pelotas de goma contra os guardias civis??

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario