13 feb 2014

[Bergantiños] Sábado 15 .- Camiñada por Corcoesto xunto a Asociación cultural “Monte da Estrela” de Arteixo

Colamos convocatoria da Plataforma pola defensa de Corcoesto.

Este sábado día 15 de Febreiro a Asociación Cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organizan unha camiñada pola ruta de sendeirismo que percorrerá o perímetro das 770 Héctareas afectadas pola proxectada mina de Corcoesto. Será unha ruta circular que partirá as 10.30 da mañá da Carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 17 km. A realización da ruta permite apreciar “in situ” toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.

Dende a A Asoción Cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, animamos á participación nesta andaina como un acto máis de denuncia á pretendida instalación da mina. Especialmente convidamos aos xornalistas dos diferentes medios de comunicación para que coñezan “in situ” toda a área afectada. Animan á participación da cidadanía

DATA: Sábado día 15 de febreiro de 2014
HORA: 9:00 de Arteixo
PREZO transporte: 8 € socio.
12 € non socios.
PLAZAS LIMITADAS
Inscripcións: direccion@montedaestrela.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario