A ninguén se lle escapa a estas alturas que o Dereito é un instrumento do que se dota o Estado (e as clases dirixentes que o ocupan) para afianzar as relacións de poder existentes, manter o status quo e lograr os obxetivos que se propón. Ou, como diría Karl Marx, “o Dereito é a vontade da clase dominante erixida en lei”.
Nesta liña, dende as oríxes do Estado de Dereito, as clases dirixentes lograron lexitimar a represión (tan necesaria para neutralizar calquer tipo de ameaza) a base da súa legalización. As ferramentas legais coas que conta son dúas, e a que se use nun momento determinado varía en función da estratexia político-criminal propia de cada goberno e do contexto político: (1) o Dereito Penal ou represión de alta intensidade, que se materializa en detencións e acusacións por delito, e (2) o Dereito Administrativo, represión de baixa intensidade ou “burorrepresión”, que consiste en sancións administrativas (xeralmente indiscriminadas e con pouca fundamentación xurídica).
No contexto das movilizacións sociais, o obxetivo que se propón calquer goberno é evidente: acabar coa protesta na rúa. Calquer Executivo desexa que as súas reformas no sexan contestadas para poder lexislar en paz, aprobando calquer reforma laboral ou recorte de dereitos sen demasiada disidencia. E para iso pode usar calquera das dúas alternativas mencionadas no párrafo anterior. Históricamente, o que preponderou no Estado español foi a primeira vía, a da represión a golpe de porra e imputación penal, propia dun país autoritario. Con todo, esta vía xera mala imaxen e os excesos podense evidenciar con relativa facilidade (imaxes de cargas indiscriminadas, de policías abrindo cabezas a manifestantes, etc.). Lembremos a Rajoy obrigado a dar explicacións sobre as cargas contra estudantes en Valencia. Por iso, dende fai un par de anos, asistimos a unha mudanza paulatina de mentalidade, na que a Delegación do Goberno opta, cada vez con maior frecuencia, polo camiño da represión de baixa intensidade: identificar aos/as que protestan, en vez de cargar contra eles/as, e a posteriori mandarlles unha multa a casa. Se lles chegan dúas, tres, ou catro multas ao ano de varios centos ou miles de euros, quitaránselles as gañas de manifestarse. Iso sí, non deixa de reservarse o dereito a facer uso da represión máis burda e dura cando o considera necesario.
É nesta coxuntura actual na que o Executivo iniciou unha profunda reforma das leis que establecen e lexitiman os mecanismos represores, para adecuarse ao contexto no que vivimos e aumentar a capacidade punitiva estatal (xa que consideran que co que hai na actualidade non teñen poder dabondo como para desincentivar a participación en loitas). E o fai nos seus dous pilares fundamentais: a reforma do Código Penal e a reforma da Lei Orgánica de Seguridade Cidadá ou LOSC (encadrada dentro do Dereito Administrativo Sancionador).
A reforma do Código Penal, que está en fase de tramitación parlamentaria, realiza moitas modificacións que apuntan aos repertorios de loita usados polos movimentos sociais nos últimos anos: a paralización de desfiuzamentos, a ocupación de sucursais bancarias, as sentadas, a difusión de convocatorias por redes sociais, a solidariedade coas persoas migrantes, etc; ou ben amplían a definición dos delitos que xa existían, como o de atentado contra a autoridade. Tamén terá un efecto considerable a despenalización das faltas, toda vez que algunhas desas conductas pasarán a ser consideradas delitos (aumentándose desta maneira o seu rigor punitivo) e que o resto, que pasarán a considerarse infraccións administrativas (contidas na LOSC), terán un réximen menos garantista para os/as sancionados/as.
Precisamente a eliminación das faltas ven xustificando a modificación da LOSC, para incluir nun texto legal distinto aquelas conductas excluidas do Código Penal. Con todo, e aproveitando a obrigatoriedade desta modificación, o Ministerio do Interior decidiu dúas cousas moi importantes: incluir tamén conductas que antes non estaban sancionadas e que viñan a ser usadas como forma de protesta ou ferramentas para denunciar a represión policial, e aumentar as sancións da maior parte das conductas que xa se castigaban.
Neste sentido, as sancións anunciadas por insultar a un Policía irán de 1.000 a 30.000 € e por realizar un escrache, grabar a policías durante a súa actuación se se considera que compromete o seu traballo ou realizar concentracións frente ao Congreso poderán alcanzar 600.000 €. Incluso anunciouse que poderá sancionarse algo que antes non era sancionable: participar nunha concentración non comunicada á Delegación do Goberno.
Tamén será sancionado difundir imaxes da policía cando poidan supoñer mofa. Entón, ¿Colgar no meu Facebook un vídeo dun policía que sae do seu coche sen poñer o freno de man e que ten que correr tras o seu vehículo cando éste roda costa abaixo vai a ser sancionable? Pois parece que sí. O apodo da LOSC, Lei Mordaza, non podería ser máis axeitado: non só limitan o noso dereito a protestar, senón que apretan un pouco máis a mordaza para que tampouco poidamos rir.
Non hai que interpretar todos estes cambios como un mero endurecemento máis, xa que o cambio de concepto existente é crucial respecto da estructura da lexislación vixente: actualmente (antes da aprobación da reforma) insultar a un policía xulgase nun Xuizo de Faltas onde, coas – supostas – debidas garantías procesais e ante un xuíz, debe probarse que efectivamente ese insulto existiu. Con todo, unha vez aprobadas as reformas, insultar a un axente castigaráse mediante un procedimento administrativo, que se traduce nunha carta a casa dicindo directamente que pagues unha multa. A palabra do policía bastará como proba de cargo (xa que en Dereito Administrativo a autoridade pública conta con presunción de veracidade, o que non ocorre en Dereito Penal) e o proceso será resolto pola propia Administración, que será xuíz e parte. Ademáis, se o poñemos en relación coa Lei de Tasas que se aprobou fai un ano, para impugnar a decisión da Administración ante o xulgado do Contencioso-Administrativo. Isto, unido á prohibición de tomar imaxes da policía no exercicio das súas funcións, suporá o maior límite ao dereito de defensa xurídica dende 1978.
En definitiva, as últimas reformas que se están a levar a cabo (do Código Penal, LOSC, Lei de Tasas, Lei de Mínimos en Folgas, etc.) buscan sen complexos incrementar o poder estatal e a capacidade de represión contra calquer actividade con contido reivindicativo. O único bo que nos queda é interpretar que algo debemos estar a facer ben, para que leven a cabo semellante obra de inxeniería xurídica contra nós.
Este artigo céntrase en cómo estas reformas afectan aos movimentos sociais en xeral, mais, non queríamos rematar sen olvidarnos de outros colectivos que van a ser criminalizados coa reforma da LOSC: (1) por un lado as prostitutas, que poderán ser multadas por exercer a súa profesión en parques, preto de colexios ou na rúa cando poida afectar á seguridade vial. Isto traducese nun favorecimento dos clubes de alterne (xa que reúnen tódolos requisitos legalmente esixidos) e nunha maior explotación destas mulleres, posiblemente nun intento de conseguir que Eurovegas finalmente se establecera en España. Parece que a xogada saíulles mal. Que se fodan.
Por outra banda, (2) a reforma tamén afecta a drogodependentes, xa que se criminaliza as cundas (taxis da droga), e calquera conductor dun coche que transporte a persoas que acudan a un punto de compraventa de droga poderá ser multado. Trátase dunha forma de reprimir a adictos/as coa finalidade de aillalos, se así o desexa o goberno, dos barrios de clase media, apartalos da nosa vista e invisibilizar esta problemática, ao tempo que se revalorizan estas zonas.
Artigo tirado da publicación anarquista madrileña TODO POR HACER
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario