1 ene 2014

[México] URXENTE! O Compañeiro anarquista Gustavo Rodriguez foi deportado a Estados Unidos!

Hai uns días publicamos acá a noticia do veto a entrada por parte do Estado mexicano a Alfredo María Bonanno e reproduciamos un comunicado dende México realizado polo compañeiro Gustavo Rodríguez no blogue Rojoscuro analisando a situación. Agora vimos de saber que, Gustavo, tras estar días "desaparecido", sometido a fortes interrogatorios e golpeado por axentes federais foi deportado a Estados Unidos ao non ser podido acusar de nada, dado que ten pasaporte estadounidense.

A información está recollida de Cruz Negra Anarquista México, onde nun primeiro momento tras a súa "desaparición" na tarde noite do 29 de Decembro, derradeiro día das Xornadas Informais - Simposio Anarquista Internacional, tiraran un Comunicado urxente exixindo a súa aparición con vida e hoxe mesmo tiraron esta noticia dando conta da súa comunicación contando brevemente o sucedido durante a sua "desaparición" e que colamos de seguido de ContraInfo (tambén colamos o 1º Comunicado publicado en 31 de decembro):

Hai unhas horas o compañeiro Gustavo comunicouse despois de permanecer desaparecido dende o pasado 29 de decembro. Brevemente relatounos que foi detido por axentes federais e que foi sometido a fortes interrogatorios. Gustavo comenta que foi golpeado e pasadas unhas horas, e ao non o poderlle acusar de nada, foi deportado a Estados Unidos.

Agradecemos a todxs os que difundiron o comunicado sobre a desaparición de Gustavo, e pedimos que esta nova información sexa circulada.

Solidariedade con Gustavo!
Liberdade a todxs!


....................

Desaparición del compa Gustavo Rodríguez

Compañeirxs intentaremos ser o mais breves posibles pero obxectivos.

Dende a tarde noite do 29 de Decembro, o último día das Xornadas Informais - Simposio Anarquista Internacional, e ata o día de hoxe, o compañeiro anarquista Gustavo Rodríguez Romero encóntrase desaparecido.

A tarde do 29 aproximadamente ás 7:30 pm, o compañeiro Gustavo partiu el só do auditorio Che Guevara para dirixirse ao metro Copilco para reunirse máis tarde coa súa parella e emprender a viaxe de regreso á casa. Cousa que nunca paso, pois Gustavo nunca chegou.

Cinco minutos despois da partida de Gustavo unha compañeira que permanecía no evento recibiu unha chamada do teléfono de Gustavo, escoitándose unicamente sons raros e tras uns segundos cortouse a chamada. Ante tan sospeitoso suceso, a compañeira marcou en repetidas ocasións sen obter resposta e asumiu que máis tarde se reportaría como acordaran.

A tarde de onte 30 de Decembro, a mesma compañeira recibiu unha mensaxe da compañeira sentimental e de vida de Gustavo preguntando por el e dicindo que non chegara á casa, e que cando isto chega a suceder el sempre avisa e nunca deixa de comunicarse, pois Gustavo non xoga bromas do tipo nin tampouco é de irse de parranda (festa) ou cousas así.

Ata a mañá de hoxe, 31 de decembro, non puidemos encontrarlle en ningún lado, nin en hospitais, nin en comisarías de policía, nin no centro de detención para estranxeiros, pois el é nacido en Cuba e de pasaporte estadounidense, non o localizamos en ningún lado. A PGR (Procuradoría Xeral da República) dixo que non teñen baixo arraigamento a ningunha persoa con este nome.

Queremos recalcar que isto sucedeu no medio dun clima de fustrigamento por parte da policía do GDF, o cal comezou cando varios colectivos anti autoritarios, anarquistas e libertarios afíns retomaron o coñecido Auditorio Che Guevara que está na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM; pero se intensificou cando comezou o Simposio Internacional Anarquista / Xornadas Informais Anárquicas. Dende aí ata o día de hoxe a compañeirxs que entran e saen do auditorio estívoselles a fustrigar, tomando fotografías, seguido a pé e en automóbil, tamén estiveron a enviar «xornalistas» camuflados para realizar preguntas comprometedoras, etc.

Gustavo Rodríguez é un compañeiro anarquista duns 54 anos, que escribiu infinidade de artigos sobre política social, enfocados na súa maioría no anarquismo, así como realizou importantes achegas ao desenvolvemento da perspectiva anarquista insurreccional. O seu último traballo foi compilar os textos para a edición do libro «Que se ilumine la noche» Génesis, desarrollo y auge de la Tendencia informal anarquista en México, editado recentemente polas edicións Internacional Negra. El acudira ao Simposio Informal Anarquista para participar dando un relatorio sobre "O anarquismo, a insurrección e a guerra social".

Queremos mencionar tamén que o compañeiro Gustavo tivo tamén represalias verbais e escritas como resposta ás críticas que el realizou cara a grupos esquerdistas, chegando mesmo a intentar sinalalo como o "líder" ou líder de grupos de acción anarquista que actuaron na xeografía mexicana.

Esiximos a presentación con vida do compañeiro Gustavo Rodríguez Romero!

Sinalamos como principal responsable o Goberno do Distrito Federal desta desaparición forzada, dado o clima de fustrigamento e represión contra xs anarquistas que se veu desenvolvendo nistos meses!

Incitamos a solidarizarse, pois a solidariedade é a nosa arma!


colada e traducida por eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario