Colamos e traducimos do blogue Factoria Lila :
Pero mataron sete mulleres. E a todo o mundo súalla. Os medios de comunicación trátano como unha serie de sucesos illados, froito da alienación individual de sete tíos que non teñen nada que ver entre eles. As institucións nin se inmutan. E a rúa non se menea. Os movementos sociais non fan un chamamento a tomar as rúas, a queimar o patriarcado.
Porque tanto lles ten.
Que lles parece mal, dende logo. Que ninguén vai vir agora a dicir que se pode matar á túa muller porque se porta mal. Iso está moi feo.
Pero van seguir permanecendo indiferentes ante unha sangría sistemática e sistémica, van seguir negando que isto si é "terrorismo", que vén a ser "dominación polo terror". Van seguir chamándonos paranoicas cando relacionemos estes asasinatos cunha ideoloxía da dominación das mulleres que é lexitimada por unha cultura machista. Van burlarse de nós cando vinculemos estes asasinatos cunha cultura que menosprezan as mulleres, que nos presenta como instrumentos para o pracer, como adorno inerte ou como obxecto de burla. Van seguir sacándonos nos medios como vítimas, como tetas, como floreras, como excepcións, como cousas -ridículas ou fermosas-... nunca como persoas.
Porque tras do que non corro non canso.
Por iso enfádanse ou rin cando insistimos en que non son tolos toxicómanos que viven na marxinalidade, senón homes "normais" que se tomaron o machismo en serio e pasaron dos chistes de putas e sogras a tomarse a xustiza pola súa man. Porque se ti convences un home de que é máis que outra persoa, que merece a súa obediencia e submisión, o seguinte é que se considerará no dereito de castigala cando o desobedeza.
Algúns matan, outros pegan, outros violan, outros métense co teu corpo, outros dinche o que é mellor para ti, outros ignórante cando te queixas... e outros quedan tranquilamente na súa casa cando nos matan.
Agora é o momento de decidir que é o que imos facer nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario